Etiqueta: fraudedelei

DEMANDAS DE FIXEZA. ESTADO DA CUESTIÓN.

O próximo día 31 de agosto ou 15 de setembro, producirase a extinción do vínculo de moitos funcionarios interinos coa Administración Pública. Ante esta circunstancia o criterio de USDG-CUT, para as persoas que aínda non reclamaron, é o seguinte:

-As persoas que van continuar en virtude dun novo nomeamento: é convinte que reclamen co despacho que consideren oportuno por existir un abuso na contratación e unha fraude de lei, aínda que non haxa unha urxencia coma nos casos seguintes.

Por que reclamar antes de que o 5 de setembro a avogada xeral da Unión Europea emita o seu informe non vinculante sobre, entre outras cousas, a fixeza como solución ao abuso na contratación e a fraude de lei?

Desde o noso punto de vista, non é descartable que España reaccione ante os rumores de que a UE vai amparar as peticións dos funcionarios interinos españois e trate de amortiguar un posible golpe que lle chegue da UE e que lle impoña a obriga de facer fixos a aqueles interinos que se considere que estean en situación de abuso ou fraude de lei. Nesa obriga queda por definir que é ser fixo e que é estar en situación de abuso na contratación ou fraude de lei. Entendemos que esto último debe substraerse ao control do Estado membro, neste caso España, xa que se se permite que o infractor defina os requisitos para que se considere a un funcionario interino determinado na situación que dá dereito a obter a fixeza, a medida non será unha solución real, eficaz, eficiente e disuasoria (o que exixe a UE).

Pero, que ocorre co concepto de fixeza? Queda nas mans dos Estados membros definir esa figura nos seus ordenamentos xurídicos. Non é razoable esperar que a UE defina que debe ser a fixeza para un Estado membro concreto. Por tanto, é posible que España redefina nunha norma xurídica que vai entenderse por fixeza, limitándoa, matizándoa ou debilitándoa respecto do concepto actual que coñecemos. Ese tipo de normas, por ser limitativa ou restritiva de dereitos, non pode ter efectos retroactivos. É dicir, non se van aplicar aos que xa iniciasen a súa reclamación, só o farán para os que a fagan a partir da súa entrada en vigor.

En virtude do criterio de prudencia da asesoría xurídica da USDG-CUT , consideramos que é convinte reclamar sen demora, porque quizais España non reaccione, pero se esperamos que actúe da maneira máis beneficiosa para os seus intereses -como debemos facer sempre-, non é razoable pensar que si o fará?

-As persoas que non van continuar en virtude dun novo nomeamento: deben reclamar antes de que chegue o 31 de agosto ou 15 de setembro, para evitar reclamar tras a extinción do vínculo. Posteriormente, unha vez cesados, os que o fagan, poderán reclamar contra ese cese no prazo procesal correspondente.

-As persoas que non saben se van continuar ou non porque o saberán a principios de setembro: deben reclamar antes de que chegue o 15 de setembro para evitar reclamar tras a extinción do vínculo.

-As persoas que xa reclamaron, sexa cal sexa o despacho co que o fixesen, deben seguir as directrices do Letrado que xa os dirixe.

Texto orixinal de contido xurídico de SIE Valencia.

Advertisements

USDG SÚMASE Á PETICIÓN NO CONGRESO

A nosa Secretaria Xeral, Conchi Rodríguez, desprazaráse este sábado 2 de marzo ao rexistro das Cortes Xerais – Congreso dos Deputados, en Madrid, para presentar escrito de adhesión de USDG á iniciativa dos sindicatos STEPA, STEA e Somos-I e refrendado por OOSS alternativas de todo o Estado.

A iniciativa ten lugar tras a reunión coa ministra de Función Pública Meritxell Batet e ante a inacción dos sindicatos asinantes do ERE de Montoro (CCOO, UGT, CSIF) co goberno do PSOE. Na mesma, a Ministra formulou a posibilidade de presentar o escrito antes da disolución da Cortes, e polo tanto a retomar polo futuro goberno entrante.

USDG coas compañeiras/os temporais en fraude de lei. USDG con todos os docentes, unidos polos nosos dereitos.

ESCRITO DE ADHESIÓN:

A DOÑA Mª JESÚS SERRANO JIMÉNEZ, PORTAVOZ DEL PARTIDO SOCIALISTA DE LA COMISIÓN DE POLÍTICA TERRITORIAL Y FUNCIÓN PÚBLICA DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS ASUNTO ADHESIÓN A LAS SOLICITUDES PRESENTADAS ANTE ESTA PORTAVOZ POR LOS SINDICATOS STEPA-I, STEA- Y SOMOS-I en reunión de 3 de octubre de 2018, y escrito con entrada en Registro de las Cortes en la misma fecha. para la estabilización efectiva de los empleados públicos temporales en fraude de ley, como sanción por incumplimiento de la Directiva 1999/70/CE DEL Consejo, de 28 de junio de 1999, relativa al Acuerdo marco de la CES, la UNICE y el CEEP sobre el trabajo de duración determinada, mediante la conversión de su relación temporal en permanente o sanción dineraria, de tal cuantía, que resulte tan gravosa para la Administración, que cumpla el objetivo de prevenir y eliminar de forma efectiva el abuso, y la suspensión inmediata de cualquier oferta de empleo público o provisión de puesto de trabajo ocupado por personal en esta situación, hasta la regularización administrativa de su nombramiento o contrato conforme a derecho.

del SINDICATO UNIÓN SINDICAL DE DOCENTES DE GALICIA

Que suscribe este escrito de un total de 23 páginas, en los términos siguientes:

DOCUMENTO COMPLETO NESTA LIGAZÓN: http://cort.as/-FDFZ