Etiqueta: despidos

NOVO ERE EN EDUCACIÓN DISFRAZADO DE OFERTA DE EMPREGO

A USDG (Unión Sindical de Docentes de Galicia) somos un sindicato que vela polos dereitos do profesorado do sector público. Entre as nosas reivindicacións asumimos as demandas do colectivo de persoal temporal (interino ou substituto) en canto a necesidade dun verdadeiro proceso de estabilización.

A Consellería de Educación anunciou no ano 2017 a realización dun proceso de estabilización do persoal temporal mediante a convocatoria de sucesivas ofertas públicas de emprego no período 2018-2021. Este proceso de estabilización enmárcase no acordado polo goberno central e sindicatos no xa coñecido como “acordazo”. Dito proceso de estabilización derívase das esixencias da UE sobre a necesidade de que o Estado español rebaixe a cantidade de persoal temporal traballador da administración por embaixo dun 8%, salientando a situación de abuso e irregularidade que provocaba o mantemento en precario de gran cantidade do colectivo traballador temporal público.

O devandito “acordazo” foi, e segue sendo, denunciado por multitude de colectivos de persoal traballador da administración así como numerosas organizacións sindicais de todo o Estado español. Foi cualificado como un verdadeiro ERE encuberto na administración por non teren en conta as necesidades e características do persoal temporal e polo tanto imposibilitar a estabilización. Os diversos anuncios de ofertas públicas de emprego teñen o obxectivo de cambiar uns traballadores por outros, non estabilizar emprego. Isto únese a que, pese ao anuncio de fin de recortes nos servizo públicos, non se convocan prazas que permitan aumentar o número de traballadores e traballadoras, están a cubrir xubilacións e nada máis. Polo tanto encontrarémonos cuns servizos públicos recortados en persoal e cunha gran diminución na súa operatividade pola perda de traballadores e traballadoras con experiencia nas súas respectivas áreas. Denunciamos que o “acordazo” é unha estafa á sociedade.

Nestas últimas semanas estamos asistindo a un capítulo máis da estafa do “acordazo” en Galicia xa que a OPE do 2019 de educación, pese a presentarse como un proceso de estabilización, non asume ningunha das demandas do colectivo do persoal temporal que permita lograr a necesaria estabilización do emprego público. Polo tanto a USDG considera que isto é un atropelo manifesto aos dereitos do profesorado temporal de Galicia.

Asistimos atónitas, mais xubilosas por solidariedade cos compañeiros e compañeiras precarias, ao anuncio por parte da Administración Central e da Xunta de ofertas de emprego público nas cales, e trala negociación coas organizacións sindicais con representación, se proxectan diversas medidas que posibilitarán a estabilización do seu persoal temporal.

Diversas organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de educación teñen anunciado e prometido ao colectivo de persoal temporal a posta en marcha de medidas que permitan unha estabilización real e efectiva mais trala súa reunión coa Consellería de Educación observamos que ningunha é contemplada na actual oferta de emprego. Estas mesmas organizacións sindicais teñen elaborado informes xurídicos onde se denuncia a situación precaria do persoal temporal e inclusive calculado en máis de trescentos postos de emprego perdidos no colectivo temporal pola pasada OPE do 2018.

Dende USDG solicitamos ás OOSS que cumpran os seus programas electorais, se mobilicen e emprendan accións legais contra este atropelo aos traballadores afectados por segundo ano consecutivo, xa que, aínda que parecen olvidalo, o fin dun sindicato é a defensa dos traballadores que representa ante o patrón . Os docentes temporais fumos abandonados e esiximos unha paralización das prazas afectadas ata negociar unha real consolidación.

Advertisements