Volta ao horario lectivo de 18 horas anterior á crise.
Substitucións inmediatas dos docentes con chamamentos diarios.
Oferta formativa axeitada á dispoñibilidade horaria de todo o profesorado.
No tocante aos postos no CEFORE, MUPEGA: as vacantes nestes postos deberán ser obtidas de forma transparente e limpa.
Recoñecemento da adquisición de novos idiomas como mérito e non como instrumento que provoque a exclusión de parte do profesorado.
Supresión real das barreiras arquitectónicas nos centros (ascensores, rampas de acceso,…).
Prever nos centros de nova construcción con independencia do número de unidades que teña, un espazo a modo de salón de actos para diferentes eventos que dinamicen a vida do centro.
Avance nas políticas de dixitalización básica nos centros: expansión de Abalar e Edixgal a todos os centros e continuidade despois de 2º ESO.
Coordinación cos Servicios Sociais dos Concellos para o alumnado expedientado por un período longo de tempo fóra do centro: creación dun protocolo de seguimento diario e una “aula de atención” no propio Concello.
Comezo do PROA (Programa de reforzó, orientación e apoio) como moi tarde no mes de novembro e amplialo a toda a ESO.
As concesións das cafetarías dos centros deberán ser xestionadas polo propio centro e quedar resoltas no mes de xullo.
Devolución do control do centro para o Consello Escolar e aplicación do principio de democracia nos centros a todos os niveis.
Infantil e Primaria
Horario lectivo de 18 horas.
Redución das ratios de alumnado por aula.
Supresión da exclusividade das tardes, acudirase soamente por necesidades de centro.
Recuperación da sesión semanal de libre disposición por parte do profesorado.
Necesidade dunha sesión de titoría co alumnado semanal.
Aumento de profesorado de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe, así como dotación de persoal de apoio para a Atención á Diversidade.
En Educación Infantil, cubrir a actual necesidade dun profesor de apoio por cada 3 unidades.
Recuperación de apoios e agrupamentos flexibles.
Aumento das horas de Plástica e Música separando as súas notas. Revaloración das ensinanzas artísticas.
Secundaria, Formación Profesional e Bacharelato
Volta ao horario lectivo de 18 horas
Ratios axustadas á realidade do alumnado actual: máximo de 20 alumnas/os por aula como norma xeral. Reducirase esa ratio no caso de presenza de alumnado con necesidades específicas de aprendizaxe. O alumnado que non promocionou deberá contar tamén nesa ratio.
Aumento do número de profesorado PT e inclusión de AL en todos os centros de Secundaria.
Creación de agrupamentos específicos tamén en 3º e 4º da ESO.
Incremento do número de apoios e desdobres para talleres, laboratorios e idiomas.
Aumento do número de centros nos que se imparta o Bacharelato de Artes.
Escolas Oficiais de Idiomas, Ensinanzas artísticas
Xornada de 18 horas lectivas.
Necesidade dun orientador por centro coas tarefas de; apoio ao profesorado con alumnado con necesidades educativas diversas, orientación para o alumnado a nivel académico e profesional, etc.
Desdobres e reforzos para facilitar a aprendizaxe individualizada nos grupos máis numerosos e para atender á diversidade específica.
Recuperación da titoría de alumna/o.
Indispensable una nova estruturación e ampliación da rede de centros de ensinanzas artísticas e de idiomas. Nela os conservatorios municipais pasarían a ser xestionados pola Consellería de Educación.
Posibilitar a xornada semanal de catro días e facilitar así o exercicio da docencia e da profesión artística.
No tocante á saúde laboral. Os servizos de prevención deben ofrecer una vixilancia da saúde específica e o diagnóstico de especialistas nas doenzas dos profesionais, para a correcta execución do seu labor, que implican función cognitivas de concentración, memoria e precisión, xunto a un traballo físico de movemento repetitivo, carga postural, posturas forzadas e esixencia vocal e auditiva.