MANIFESTO

 

USDG adhírese ao manifesto da Plataforma de Interinos e Eventuais Nacional

Manifesto Plataforma de Interinos

 

A PI é unha plataforma que agrupa a distintas organizacións de traballadores das diferentes Administracións Públicas que se atopan contratados en Fraude de Lei, sendo o seu principal obxectivo o recoñecemento desta situación que afecta a máis de 700.000 persoas. Está integrada polas seguintes Asociacións e Plataformas:
– Asociacións de Xustiza:
o AIJ- Asociación de Interinos de Justicia. Nacional. @a_interinosjust
o AIJEA (Asociación de Interinos da Xustiza en Acción) @interinosjusti1
– Plataformas e Asociacións de Interinos de Educación Nacional.
o AIED (Baleares). @assembleainterinesexperiencia
o APIE (Asemblea de Profesores Interinos no Exterior) @Interinodocenex
o APIMAE (Comunidade Valenciana). Facebook.
o APMAEGAL (Galicia) @apmaegal
o CIDEMUR (Murcia). Facebook
o APIC (Agrupación de Profesores Interinos de Canarias).
o PAEP (Andalucía) @PlataformaPaep
o PIA (Plataforma de Interinos de Aragonesa) @PIAragonesa
o PIR (La Rioja) @PIRLaRioja
o RED (Valencia)
o USDG (Unión Sindical de Docentes de Galicia) @precariosEduGz, Facebook.
o ADI-CLM. (Castela A Mancha).
– Plataforma de Interinos de Administración Xeral:
o PIAAG Plataforma de interinos de Aragón de Administración Xeral. Facebook
– Plataformas de Sanidad:
o Asociación PEAC (Persoal Estatutario de Atención Continuada de Castela A Mancha) @PeacClm
o MATS. Movemento Asembleario de Traballadores da Sanidade.
– Plataformas de Policía Local:
o Plataforma de Consolidación de Policías Locais da Comunidade Valenciana. @consolidacioninterinos
– Administración Local:
o AI. Agrupación de Interinos do Concello de Elche.
o AILLA. Agrupación de Interinos do Concello de Llanes.
o PIZL (Plataforma de Interinos de Zaragoza Local).
o Plataforma de Interinos e Eventuais de Instalacións Deportivas do Concello de Madrid.
o SITAG: Sindicato Independente de Traballadores do Concello de Granada.

MANIFESTO
Somos un movemento non ideolóxico independente de partidos políticos e sindicatos que agrupa a traballadores temporais das Administracións Públicas aos que os seus dereitos están a ser vulnerados constantemente. Non nos sentimos representados polos sindicatos e queremos deixar moi claro que eles non falan no nome do noso colectivo, sendo esta situación de desamparo na defensa dos nosos dereitos laborais, a razón fundamental da nosa unión e existencia.
O Tribunal de Xustiza da UE recoñeceu que os distintos Gobernos nacionais e autonómicos veñen realizando durante anos CONTRATOS EN FRAUDE DE LEI ao encadear nomeamentos, contratos ou relacións laborais de duración determinada para cubrir necesidades que realmente son de carácter estrutural e permanente, incumprindo o establecido nas cláusulas 1 e 5 da Directiva 1999/70/CE sobre o traballo de duración determinada.
Non se convocaron as prazas no momento no que a lei o exixía o que deu lugar a un aumento de traballadores temporais fronte aos fixos. Entre 600.00 e 900.000 traballadores públicos interinos e temporais atópanse en Fraude de Lei.
Ante a necesidade de regularizar esta alta taxa de interinidade e ao amparo do Acordo para e mellora do emprego público de 29 de marzo (actualmente recorrido), asinado polo Goberno e os sindicatos (ou mellor, academias de formación de opositores) UXT, CCOO, CSIF E ANPE, sen consultar ás súas bases e a través da habilitación do artigo 19 dos PXE de 2017 (e dos seguintes que sexan aprobados), pretenden convocar tódalas prazas que estiveron ocupadas durante 3 anos por persoal temporal, é dicir, aquelas prazas en situación irregular, non recoñecendo o fraude de lei e non asumindo a responsabilidade por ter abusado dos traballadores que foron castigados pola temporalidade sen que se aprobasen as correspondentes convocatorias que lles permitiran acceder ás prazas que ocupaban durante anos (5,10,15,20 e 25 anos incluso). Esta actuación é, na práctica, un ERE encuberto que pretende substituír uns traballadores por outros máis baratos e supón un ataque e unha vulneración dos dereitos máis básicos dos traballadores, como é o seu dereito á estabilización.
Por iso, exiximos:
1. O recoñecemento de oficio pola Administración do Fraude de Lei de tódolos empregados públicos, estatutarios ou funcionarios que levan máis de 24 meses contratados dentro dun período de 30.
2. A paralización das ofertas de emprego e convocatorias que inclúan “prazas de estabilización” que afectan a estas persoas ata que se regularice a súa situación laboral. Seguir adiante poría supoñer que a Administración teña que facerse cargo de indemnizar e incluso readmitir a centos de miles de traballadores e ao pago dos salarios durante o período que poidan durar os xuízos, é dicir, miles de millóns de euros y posibles responsabilidades patrimoniais das que terán que responder os xestores públicos que as acordaron.

3. A regularización mediante concurso de méritos baseados no cómputo da antigüidade como único mérito obxectivo de valoración dos traballadores en fraude de lei, aplicando as normas que para estas situacións excepcionais recolle o ordenamento xurídico. Calquera alternativa negociadora que non leve tamén á consolidación do 100% das persoas afectadas non será admitira.
Aquelas prazas de nova creación ou vacantes por xubilación (taxa de reposición) deberían cubrirse segundo os procesos selectivos establecidos a tal efecto, tal e como indican as leis, e de maneira independente de todo o anteriormente exposto.

 

PROPOSTA SOLUCIÓN: PLATAFORMA NACIONAL DE INTERINOS, LABORAIS E
ESTATUTARIOS TEMPORAIS DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA ESPAÑOLA – PI

 

Existe numerosa xurisprudencia do noso Tribunal Constitucional (TC) que permite artellar un proceso extraordinario de valoración de méritos para ingresar na función pública en situacións excepcionais, como na que estamos a vivir (600.000 interinos cubrindo postos estruturais durante anos, encadeando nomeamentos e contratados en fraude de lei).
Esta solución adaptaríase perfectamente á doutrina do TC (STC 67/89, de 18 de abril, STC 27/1991, de 14 de febreiro, STC 185/1994, de 20 de xuño, STC 107/2003, de 2 de xuño, F.J. 5º), co que se respectarían os principios constitucionais de igualdade, capacidade e mérito no acceso ás funcións e cargos públicos (e o artigo 23.2 da Constitución), e que impón dúas condicións para poder ser aplicados: (1) un sistema excepcional para resolver unha situación tamén excepcional, y (2) que se persiga unha finalidade constitucionalmente lexítima, que é a de consolidar o emprego público temporal, isto é, conseguir a estabilidade no emprego para quen leve un período máis ou menos prolongado de tempo desempeñando satisfactoriamente as tarefas encomendadas.
Exemplo dun proceso parecido, foi a aprobación da LEI 16/2001 de novembro, pola que se establece un proceso extraordinario de consolidación e provisión de prazas de persoal estatutario nas Institucións Sanitarias da Seguridade Social dos Servizos de Saúde do Sistema Nacional de Saúde, lei que permitiu consolidar o persoal sanitario que levaba exercendo as súas funcións durante anos no INSALUD.

Por outra banda, e como reflexo da citada xurisprudencia, o artigo 61.6 do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público di: “Os sistemas selectivos de funcionarios de carreira serán os de oposición e concurso-oposición que deberán incluír, en todo caso, unha ou varias probas para determinar a capacidade dos aspirantes e establecer a orde de prelación. Só en virtude de lei poderá aplicarse, con carácter excepcional, o sistema de concurso que consistirá unicamente na valoración de méritos”. Adaptándose, perfectamente, á xurisprudencia anteriormente mencionada como pode comprobarse.
Isto quere dicir que para ser funcionario establécense 3 vías de acceso: oposición, concurso-oposición (como o que temos en educación), e concurso.
Os procesos baseados en concurso, é dicir, na valoración de méritos exclusivamente véñense realizando dende o ano 77 ata mediados dos 90 en educación (accesos directos por restrinxidas: unhas 625.000 prazas ata a publicación do RD 850/93 do Goberno González do PSOE no que, por sorpresa, e pola contra do que usualmente ocorre en calquera outra profesión, a experiencia acumulada durante anos nun posto de traballo é anomalamente desprezada e deixa de ser considerada como o mérito determinante da selección), e os procesos de consolidación realízanse continuamente na administración, pero, curiosamente, en educación están sendo impedidos sen ningunha razón lóxica, sen ningunha base ou argumento legal que o impida, representando unha clara discriminación con respecto dos demais empregados públicos (persoal sanitario, persoal laboral, etc.).

Por tanto, e resumindo:
1. A Lei SÍ permite establecer un sistema extraordinario de acceso.
2. Hai XURISPRUDENCIA que o avalaría.
3. Sería perfectamente viable acadar un ACORDO co Goberno (en minoría) e co resto de forzas políticas do actual arco parlamentar, para a resolución do conflito dos interinos dunha maneira razoable e xusta.
Agora ben, para evitar conflitos e conxugar os dereitos e intereses dos interinos e os aspirantes de novo ingreso, e partindo da situación actual na que se van aprobar numerosas ofertas de emprego coas prazas que non saíron durante anoa a oposición, débese establecer e aprobar un sistema de acceso diferenciado ata reducir a porcentaxe de interinos ata o 8% que se acordou, artellado a través dos seguintes tipos de procesos:
1. Novos opositores e interinos con menos de 3 anos de experiencia (ou de 24 meses nun período de 30):

Oposición ou Concurso-oposición como o actual (modificado ou revisable nas partes de que conste, cos tipos de probas, o carácter eliminatorio ou non, que se acorde por ese colectivo) coas actualizacións oportunas (temarios, transparencia, criterios de avaliación, rexistro da actuación de cada opositor, nomeamento de membros do tribunal procedentes doutras comunidades autónomas, regulación do proceso de reclamación en todas as fases, etc.) para cubrir as novas vacantes e as derivadas da taxa de reposición de efectivos (xubilación, falecementos…).
Habería oposicións cada 2-3 anos máximo, e se non as hai, como mecanismo corrector, automaticamente entraría na aplicación do artigo 61.6 do TREBEP e na seguinte convocatoria activaríase o concurso de méritos. Deste xeito, garantiríase que as novas vacantes que xurdan saian a concurso e a oposición no prazo marcado pola lei, evitando que, novamente, volvan acumularse outras altas taxas intolerables de interinos.
2. Interinos con polo menos 3 anos de experiencia no seu posto de traballo ou de 24 meses nun período de 30, a xornada completa ou a tempo parcial:
Xa que os tribunais españois comezaron a aplicar a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, terán que declarar como indefinidos non fixos ao interinos que leven 3 ou máis anos encadeando contratos (ou 24 meses nun período de 30) en postos estruturais, declarándoos como persoal laboral indefinido non fixo. A normativa impide que un funcionario poida ser indefinido. A partir dese momento, aplicaríannos o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores ata que sexamos funcionarios.

En consonancia co anterior, e previa negociación e acordo, artellaríase un proceso de consoldiación dividido en 4 partes, de acordo co seguinte calendario (modificable no tempo prudencial que sexa considerado necesario ata levalo a efecto):

 

1. Primeiro semestre de 2018: paralizar as convocatorias de oposicións e contabilizar a través de procedementos serios e rigorosos o número real de vacantes estruturais (e/ou encubertas) que están a ser ocupadas dende canto menos 2 anos por interinos.
2. Segundo semestre de 2018: recoñecemento por lei como persoal laboral indefinido non fixo.
3. Primeiro semestre de 2019: consolidación para garantir a estabilidade das persoas que ocupan ese postos de traballo, é dicir, convertelos en postos fixos.
4. Segundo semestre de 2019: sendo persoal laboral fixo, activaríase un proceso de funcionarización, xa que se tende a unificar o persoal que traballa en educación e que todos sexan funcionarios para que non existan diferenzas na normativa pola que regularse. Tamén se convocaría oposición ou concurso-oposición libre para cubrir as prazas procedentes da taxa de reposición de efectivos acumuladas ata esa data, para os aspirantes de novo ingreso.
Tanto o proceso de consolidadción a fixo como o de funcionarización consistirían únicamente nun concurso de méritos, valorando a experiencia, cursos, formación…, isto é, ordenar por tempo de servizos prestados sen que en nigún caso se teña que volver pasar polo calvario das oposicións (ou a falta delas), que xa se vén sufrindo estes anos.
Somos un colectivo desamparado por un Goberno que incumpre sistematicamente a lei e por uns sindicatos que pretenderon branquealo asinando o ACORDAZO que supón aprobar un ERE encuberto, que representa o ataque máis salvaxe da democracia contra os dereitos máis básicos e elementais dos traballadores e que, de non paralizar a sangría das oposicións, suporía o despido masivo de milleiros de interinos e familias que dependen dun único salario e que poderían atoparse en situacións dramáticas de desamparo laboral, económico e social. Deixaron de representar os intereses dos que din defender: os traballadores.
RESPECTO PARA OS INTERINOS. XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES.
ÚNETE E LOITA.

Advertisements