Autor/a: usdggal

QUEIXAS DO COLECTIVO DE MESTRAS DE FRANCÉS

Somos de novo o grupo de francés e queremos denunciar unha cousa que pasou o día 4/10/2019 na lista de francés. Unha compañeira colleu onte a baixa xa que dará a luz nun mes. No seu colexio (CEIP O Coto, Negreira) aprobouse por parte do Claustro e da Inspección un proxecto para dar francés este curso en 6° de primaria (na hora de libre configuración). Pois ben, hoxe deuse a súa vacante a unha compañeira de primaria (sen francés) e decidiuse dende o centro eliminar a materia de francés que xa se implantou este ano, xa que a substituta non é especialista en francés. Isto non é xusto! Non é xusto para os nenos/as do centro que xa comezaron con esa materia, non é xusto para a compañeira, que polo feito de ser nai ve truncada a posibilidade de dar francés este ano no seu centro despois do traballo que lle costou levalo adiante e non é xusto para toda a xente que estamos nesa lista pelexando por meter o francés nas escolas e contribuír ao plurilingüismo do que tanto presume a Lomce. Non entendemos por que non hai unha previsión e non se abren as listas ou se busca unha solución a todo isto.

Por outra banda, está pendente de darse unha vacante por francés en Vigo no CEIP García Barbón, no que se reflicte que se dá francés nos comentarios. Estivemos rastrexando a lista de primaria e atopamos a unha compañeira con perfil de francés (que ten restrinxida a provincia da Coruña). Por que non a chaman a ela para que poida cubrila? En primaria co perfil de inglés sempre o fan! Non temos os mesmos dereitos os de francés que os de inglés?

Gustaríanos saber que vai ser de nós e como podemos manter viva a loita pola nosa lingua francesa ante tantas inxustizas que vemos nas listas.

A USDG REXEITA A INICIATIVA DA XUNTA DE ELIMINAR DO CATÁLOGO DE PRIMARIA AS ESPECIALIDADES DE PT E AL

Sabemos de sobra que eliminar profesionais do catálogo é un paso para a extinción, precarización ou privatización dun servizo público.

Esta nova iniciativa da Xunta é totalmente inaceptable especialmente cando o noso presidente vén de anunciar un aumento de 300 millóns de euros nos orzamentos da Xunta para o 2020.

Segundo o señor Feijoo todo un éxito pese ao boicot do presidente do Reino de España, o amigo dos fondos de inversión de EEUU (máis información: https://spanishrevolution.org/pedro-sanchez-muestra-su-verdadera-cara-a-puerta-cerrada-con-dirigentes-de-wall-street/ ), tamén coñecido como Pedro Sánchez.

Ata o de agora a desculpa dos recortes era a crise e a falta de cartos, agora os orzamentos estanse a recuperar.

Que pensa facer a Xunta con eses 300 millóns de euros que tanto vende? Invertirá en servizo públios? Non, vainos repartir entre os seus amigos empresarios corruptos e ladróns que viven dos recursos e do esforzo do pobo galego vía concertos e privatizacións.

O señor narcopresidente “Frijol” (solo sé que había nieve, Feijoo dixit), esperemos que despexe a neve dos seus miolos e comece a pensar nos intereses do pobo ao que supostamente representa.

USDG-CUT. 3 de Outubro de 2019

COMUNICADO 28S

Diversos colectivos e organizacións sindicais do sector público galego (APMAEGAL, CGT, CNT, CUT, USDG, Temporais do Consorcio, ASATE, COBAS, AGIX, ASOCIATEM) manifestaranse este sábado 28 de setembro. A saída da manifestación está prevista para as 12:00 desde a entrada do Parque da Alameda.

O obxectivo da manifestación é denunciar “os falsos procesos de estabilización do emprego público que os distintos gobernos xa puxeron ou porán en marcha co aval cómplice de CCOO, UGT e CSIF”, tal e como declaran os colectivos convocantes.


Estas organizacións expresan que “o goberno non busca estabilizar ás persoas, senón ás prazas”, prazas que, denuncian: “son ocupadas dende hai anos por empregadas/os públicos temporais en fraude de lei”. Argumentan que deste xeito “facilitarase o cese e despedimento masivo de máis de 700.000 empregadas/os públicos, cunha media de idade de 45 anos e na súa maior parte mulleres, que engrosarán as listas do desemprego”.


Segundo denuncian estes colectivos conformados por persoal do sector público “a perpetuación do traballo temporal na Administración Pública española incumpre as razóns expresamente xustificadas de necesidade e urxencia ás que deben responder os contratos temporais e dá lugar á cobertura de prazas estruturais polo persoal temporal, do que a Administración pode prescindir facilmente”.


Entre as súas esixencias encóntrase:

  1. A PARALIZACIÓN INMEDIATA dos falsos procesos de estabilización, sen prexuízo da continuidade da oferta de prazas ordinarias para cubrir as baixas de efectivos.
  2. SUSPENSIÓN e anulación de todo cese e despedimento ilegal.
  3. CONSOLIDACIÓN mediante regularización administrativa, de todo o persoal público en fraude e abuso de temporalidade.
  4. IGUALDADE de trato e condicións de traballo entre persoal temporal e fixo da Administración.
  5. REVERSIÓN das privatizacións.
  6. RECUPERACIÓN de vacantes e prazas amortizadas sacando a oferta de emprego público as prazas necesarias para acabar cos cadros de persoal deficitarios.

En Compostela, a 23/09/2019

UDSD-CUT PON OS SEUS RECURSOS A DISPOSICIÓN DAS REIVINDICACIÓNS DOS MESTRES DE ORIENTACIÓN DE PRIMARIA E DOS MESTRES DE FRANCÉS

** USDG-CUT REXEITA A EXCLUSIÓN E/OU VARIACIÓN DA ORDE NAS LISTAS DAS COMPAÑEIRAS DE ORIENTACIÓN CONSOLIDADAS NA PROPIA ESPECIALIDADE

Os servizos xurídicos da USDG-CUT puxéronse a disposición das afectadas, que amosaron o seu malestar ante o Acordo da Mesa Sectorial, con respecto ao novo ordenamento da Lista de Orientación que as deixou no limbo, ou moito peor, no paro.

As compañeiras docentes, levan na maioría dos casos anos desempeñando a súa función, tras ter presentada a titulación superior esixida para exercela. Porén, a Consellería e sindicatos asinantes dese Acordo de reordenación, decidiron eliminar da lista de Orientación ás traballadoras que non tiveran consolidado nalgunha outra lista de Primaria diferente. Con esta decisión están a SALTARSE O ACORDO DE INTERINOS no que se establece que os traballadores consolidan o seu posto tras ser chamados nunha lista da que forman parte. Non existe ningunha excepción a dita regra, e se ben as compañeiras pertencían a maiores a outra lista de orixe, a configuración da lista de Orientación Primaria fíxose seguindo as normas ditadas pola Consellería en cada momento e cumprindo os requisitos que foron variando e cumprindo as docentes.

Desde USDG-CUT apoiamos e solicitamos a sindicatos e Consellería, que van tratar o tema na próxima Mesa Sectorial, que SUBSANEN DITA INXUSTIZA, dado que non hai base legal nin lóxica para tal discriminación do persoal de Orientación consolidado en dita lista ou se fagan responsables das consecuencias legais e sociais que leva suprimir os derietos das docentes de Orientación Primaria.

Resultado de imaxes para orientacion educativa primaria

**USDG-CUT APOIA A LOITA DOS MESTRES DE FRANCÉS POR MANTER OS SEUS POSTOS DE TRABALLO

Representantes dos Mestres de Francés, puxéronse en contacto coa nosa asesoría para atallar o problema xurdido coa supresión de prazas desta especialidade nas adxudicacións do CADP, que aparecen no Catálogo da Consellería. O colectivo quere deixar patente o problema mediante este comunicado que USDG-CUT apoia e refrenda:

“Novamente volvemos a observar que se repite o e cada curso: estanse adxudicando vacantes de francés por primaria e a explicacion dende a consellería é que o colexio quere un mestre de primaria e non de francés e a conselleria fai o papel de cómplice e de verdugo da especialidade.

O colectivo de mestres de francés de primaria protesta enérxicamente e pide ás OO SS que non sexan elas tamén cómplices e verdugos. Pensamos que non están sendo eficaces as protestas e que se segue a incumplir , de xeito moi consciente e intencionado, a legalidade vixente.

Non queremos ser consentidores de tamaña inxustiza e poñemos en coñecemento de todos os sectores o que está a ocorrer.

Necesitamos unha solución e unha resposta por parte da administración.”

USDG-CUT apoiará todas as decisións ao respecto que tome o colectivo e esixirá o cumprimento da RPT en todas as especialidades e corpos na que esta existe.

FRAUDE LABORAL NAS ADMINISTRACIÓNS

ENRIQUE CARDONA. SECRETARIO DA SECCIÓN SINDICAL DE LUGO.

            Este último ano, o ministerio de traballo fixo unha campaña para rematar co fraude laboral, a idea era dar “chivatazos” para que os inspectores de traballo tiveran coñecemento de onde ir e onde actuar… Non sei se é a mellor idea pero polo menos é unha idea. Porén, chegáronlle miles de “chivatazos” e os obviaron, todos do mesmo tipo: A propia administración contrata en fraude de lei a moitos dos seus empregados e a Inspección de Traballo declarase incompetente, son as súas palabras non as miñas.

            Para resumir, a UE fai tempo que puxo o  foco sobre os traballadores temporais que encadean contratos por sistema: Ditaron a Directiva 1999/70/CE do Consello, de 28 de xuño de 1999… xa choveu… Os Estados membros comezaron a loitar contra iso pero España  “esqueceuse” de que os deberes os ten que facer a empresa privada pero tamén a pública.

            Os afectados (persoal temporal laboral, eventual, funcionario, estatutario… o nome que se lle poña en cada caso) foron dóciles e non recorreron a súa situación como si fora unha empresa privada… Non o fixeron porque pelexar contra o Estado é longo, custoso e ademais, porque os valentes que o fixeron, cando levaron ante os xuíces o tema e pediron que aplicaran a Directiva Europea, ou polo menos, consultaran ao TXUE (Tribunal de Xustiza  da Unión Europea) atopáronse  cun portazo nos narices.

            Recentemente un par de casos pasaron o filtro y “foron para arriba”, á espera da resolución, a cousa pinta ben para os demandantes que levan anos sendo temporais (no caso do máis mediático informático de Sanidade de Madrid, 17 años), é máis, o TXUE advertiu aos tribunais españois que non bloqueen o paso das consultas porque sabe que hai centos de miles de afectados.

            A tradición funcionarial española está tan arraigada que hai xente que segue a ver “normal” isto… o mesmo que se vían as “Cláusulas Solo” das hipotecas… Se a administración contrata a unha persoa para cubrir unha baixa de enfermidade ou o que sexa, esa persoa é un traballador temporal… evidentemente. Se unha persoa é contratada por medio dun proceso selectivo (non falamos “postos a dedo”) e desenvolve unha función necesaria e continua no tempo durante meses e meses… é unha necesidade de servizo temporal ou é estrutural?

            Coma eu son docente falo do que máis coñezo pero é máis ou menos o mesmo en sanidade, administración xeral, xustiza, etc. Se nos colexios non hai profesores de francés (por exemplo) e contratan interinos durante anos (xa sexa sempre o mesmo interino en cada centro ou, como cada curso hai movemento, rotando de centro educativo pero sempre dando as clases para as que non hai profesores funcionarios de carreira)… fai falla convocar prazas de profesor de francés? Claro que si! Pero é máis barato obviar as condicións laborais deses profesores. A escusa que se pon para xustificar iso es que si se convocan prazas… pero cando se fai, son poucas (moitas menos das necesarias) e cando á Administración lle interesa… e aí está o problema no ámbito laboral.

            Di a lei (española) que hai que convocar tódalas prazas de funcionario no prazo dun año desde que se produce a vacante; como isto vai lento pódese prorrogar ao curso seguinte… pero hai que sacalas! Non podes estar 10 anos tirando de interinos sen sacar oposicións, e se o fas, non podes convocar tan poucas prazas que no curso seguinte haxa máis interinos que o ano anterior.

            La solución “fría” do goberno de Montoro, pactando cos sindicatos CSIF, CCOO e UGT foi convocar tódalas prazas de golpe para que cando Europa preguntara pola altísima  temporalidade, dicir que xa non quedaba máis que un mísero 8% de interinos (nalgúns corpos hai ate un 80%). Sen saber moito do tema pode parecer unha solución… pero que pasa cos traballadores que levan, non xa máis de 24 meses nos últimos 30 meses como marca a lexislación española para a empresa privada, senón 5-10-15-25 años… ??? Todos eles están en fraude de lei, se foran dunha empresa privada, o Ministerio de Traballo obrigaría que os  fixeran indefinidos e a empresa levaría unha multa considerable.

SITUACIÓN ACTUAL EUROPEA

            Algúns países de Europa foron más “lentos” que o resto en modificar a súa lexislación adaptándoa á europea neste aspecto… Portugal, Italia, Grecia e España… (de feito España aínda non o fixo)

            En Italia unha profesora recorreu como moitos temporais españois aos tribunais, como no souberon como adaptar a lexislación europea á de Italia, preguntaron ao TXUE que debían facer con esta traballadora en fraude por abuso de temporalidade por parte do equivalente ao ministerio de educación italiano; é a chamada Sentencia Mascolo: 9 cursos seguidos como profesora interina ata que denunciou. Ela obtivo a fixeza na súa praza porque estaban abusando da súa condición de temporal; Italia ao ver a que se lle viña enriba, lexislou rapidamente o tema e así quen non puxera a súa reclamación, pasou a ser indemnizado. A sanción foi: Indemnizar ao traballador con 20 días por año traballado MÁIS a prohibición de sacar esa praza a oposición en tres años de xeito que a persoa que a ocupa sabe que a terá 3 anos máis e logo sairá a oposición co lo que pode tratar de prepararse, MÁIS una multa ao Estado, pero ADEMAIS pide responsabilidades aos cargos políticos que permitiron ese abuso, de xeito que terán moito coidado de que non se volva a producir).

Resultado de imaxes para FRAUDE DE LEI

            En España, como dixemos ao principio, os tribunais no preguntaban nunca ao TXUE como interpretar esa directiva contra o abuso da temporalidade, negando que existira PERO no caso do informático madrileño, a xuíza en Madrid si que elevou varias preguntas muy concretas, de forma que, previsiblemente, o TXUE dirá que aos que pasaran por un proceso selectivo (non postos “de confianza” que son “a dedo”) e estean en fraude de lei téñenos que facer persoal fixo xa que ese é o traballo que desempeñan tódolos días (pseudofuncionarizarlo? Penso que non existe aínda a palabra para definir a situación desas persoas porque non serán funcionarios pero traballan e traballarán coma se o foran).

            En canto o TXUE dite sentencia favorable aos temporais españois, o Estado Español, como pasou en Italia, lexislará e fixará unha indemnización o menos gravosa para o Estado; por iso miles e miles de persoas xa demandaron polos seus dereitos porque é evidente que temos un ERE en marcha para botar fora a tódolos interinos o antes posible para que non poidan facer valer os seus dereitos… Estes últimos años de axitación política e desgoberno fixo que todo se ralentizara e os afectados reaccionaran, e onde fai uns meses eran pequenos grupos, agora son decenas de miles agrupándose e presentando reclamacións e denuncias.

PROBLEMA

            Cada caso deberá verse nun tribunal co que iso supón de cartos e tempo para a administración e os afectados. Ao final hai un grupo de avogados que se especializaron neste asunto, os principais (os que agrupan a máis traballadores temporais) cobrarán unhas cantidades importantes, case 2500€ si NON se obtén a “fixeza” laboral e uns 6000€ SI se obtén, que o caso é complexo e ten moitas ramificacións, por iso cobran esas cantidades pero… Por citar o sabio refraneiro: “encima de burro, apaleado”. Non ten sentido que o propio Estado estéeche a roubar e teñas que pedir un préstamo para poder defenderte.

            É difícil saber a cantidade de persoas afectadas en toda España porque as administracións non dan os datos pero as cifras máis baixas falan de 310.000 afectados e as máis altas de 800.000…e cunhas unhas indemnizacións medias de 37000€, seguro que non son tantos, partamos a diferencia: 600.000 afectados e 25.000€ de media… As contas son abafadoras: O Estado terá que pagar mínimo 15mil millóns de euros en indemnizacións a traballadores que xa están traballando para el6… e pagar o salario dos novos 600.000 funcionarios que os substitúan (non teñen culpa algunha, por suposto)… ademais dunha aberración é tremendamente estúpido.

            E logo está o problema do sistema de acceso, fraudulento e corrupto que é en gran medida culpable disto pero aquí só falamos de lexislación laboral.

RESULTADOS DAS OPOSICIÓNS: DENUNCIA PÚBLICA

                       

 A USDG-CUT quere máis unha vez denunciar publicamente a inxustiza e a arbitrariedade con que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional resolve os procedementos selectivos de acceso á función pública docente.

            Este sindicato xa ten denunciado estes procedementos. Pola vía contenciosa fixémolo contras as bases da convocatoria da OEP de 2018. Publicamente fixémolo con protestas diante de San Caetano, con comunicados dirixidos á Consellería e mediante comunicados públicos dirixidos á Comunidade Educativa.

            Despois dunha longa etapa de recortes e de destrución de emprego público e conxelación das convocatorias de acceso, temos asistido a uns procedementos selectivos de acceso á función pública docente con resultados catastróficos: en case todas elas foron suspendidos entre o 80% e o 90% dos aspirantes, xa dende a primeira proba da fase de oposición.

            Dende un punto de vista da xestión dos Recursos Humanos, isto prodúcese por dous motivos: primeiro, polas deficiencias técnicas da propia Consellería, que non quere recoñecer que é incapaz de asegurar un seguimento xusto do proceso. En segundo lugar, por mor das irregularidades que se veñen producindo en todas as convocatorias: a opacidade dos criterios de cualificación da primeira proba (publícanse uns xenéricos de avaliación uns días antes do exame), a imposibilidade de poder revisar o exame unha vez feito, a non publicación das notas de suspensos da primeira proba ao mesmo tempo que os de aprobados, o significativamente baixo número de aprobados nesa primeira proba, a de coñecementos científico-técnicos, as notas baixas e ou moi baixas, o escaso tempo de correccións co que contaron os tribunais, o elevado número de aspirantes por tribunal etc. Citamos algunhas irregularidades, entroutras moitas, que serven coma indicios de que estes procesos son arbitrarios, inxustos e opacos.

            Mais o peor disto, e que mesmo podemos dicir que é unha ilegalidade , é que só pasaron á fase de concurso practicamente o mesmo número de aspirantes que prazas tiña cada tribunal. Así, a fase de concurso perdeu a súa específica función; todo isto tivo lugar sabotando as normas da propia convocatoria. Sabotouse a fase de concurso (concurso-oposición) e a fase de didáctica, creando un proceso no que practicamente ninguén supera a primeira proba, agás aqueles dedicados plenamente ao estudo (os aspirantes non traballadores, de baixa ou con permisos para estudar ). Tales resultados son inadmisibles (podemos ollalos na táboa) e, non son, tal e como aduce a Consellería, pola “falla de nivel” dos aspirantes. Isto acontece porque existe unha práctica consciente de boicotear o papel decisorio da fase de concurso, o cal é ilegal xa que se está a conculcar o sistema selectivo dos funcionarios de carreira preceptuado baixo a fórmula do concurso-oposición, que prescribe a disposición adicional 12ª.1 da L.O. 2/2006 de Educación.

            Moitos destes suspensos son funcionariado interino e substituto licenciado ou graduado, con anos de experiencia, que ve mutiladas ,convocatoria tras convocatoria, as súas expectativas de progreso na carreira docente e, para alén disto, vive ameazado, e as súas familias, pola precariedade laboral que se deriva da falla secular de regularización do emprego temporal no sector público.

            Voltamos pois a esixir non só un sistema de acceso á función pública docente xusto, máis tamén esiximos medidas claras e decididas a procurar á estabilidade laboral do colectivo de traballadores temporais en fraude de lei, a fin dos recortes de persoal no ensino, unha carga horaria lectiva razoable para os docentes, ratios de alumnos aceptables, atención á diversidade digna e de calidade nos centros educativos e unha política educativa máis transparente e democrática.

Alfonso Álvarez. Secretario da Sección Sindical de Pontevedra de USDG.

ACLARACIÓNS SOBRE A SITUACIÓN DE ABUSO E FRAUDE DE LEI

Dende USDG-CUT queremos compartir con todos os temporais, substitutos e interinas de todos os corpos do ensino este texto, elaborado por compañeiros da PI-España e adaptado e acotado por nós ás características propias do persoal de Educación en Galicia. Só pretendemos clarificar as múltiples dúbidas que xorden arredor da avalancha de demandas de fixeza presentadas por temporais de todas as administracións públicas ante o inminente pronunciamento do Tribunal de Xustiza Europeo.  É un texto longo, xa que profunda nas dúbidas máis comúns, igual de longo que o tempo que leva a Administración cos seus abusos sobre os empregados públicos, aqueles +de carácter inicialmente temporal pero que prolongaron a súa condición máis aló do marco legal establecido e por causas alleas ao seu control.

USDG-CUT non busca máis que proporcionar información real e actualizada ás compañeiras afectadas, xa que os sindicatos do ensino en Galiza non están a dar información algunha sobre o que está a pasar, salvo que o propio interesado tome a iniciativa, correndo o risco de perder o seu posto de traballo ou empeorar as súas condicións laborais tralo falso proceso de estabilización convocado por algúns deses sindicatos xunto co Ministerio de Facenda e de Educación de España.

Resultado de imaxes para SOGA AL CUELLO

Se algunha compañeira precisa información máis precisa ou sobre algún aspecto non aclarado neste escrito, pode poñerse en contacto connosco polas vías habituais e axudarémoslle no que poidamos.

1º) A SITUACIÓN DE ABUSO OU FRAUDE DE LEI.

A temporalidade reiterada no tempo nos cadros de persoal das administracións públicas, é contraria á Directiva comunitaria 1999/70 sobre traballo de duración determinada, a Constitución, a Resolución 2018/2600 do Parlamento Europeo, o Estatuto Básico do Empregado Público e o Estatuto dos Traballadores.

A alta temporalidade dos cadros de persoal mantida no tempo, e a pesar do falso proceso de estabilización, favorécenos á hora de formular unha demanda polo exposto anteriormente.

A DIRECTIVA EUROPEA 1999/70

A Directiva contempla a prohibición aos empregadores, tanto públicos como privados, do abuso na temporalidade sucesiva: se hai máis de tres meses entre contrato e contrato deixa de ser sucesiva. Indica que as lexislacións estatais deben sancionar aos empregadores que cometan ese abuso.

Ademais, precisa que a sanción na lei non pode ser  o despedimento do traballador, senón que debe ser a transformación en fixo do empregado eventual ou o pagamento dunha indemnización “proporcional, eficaz e disuasoria”.

** PRINCIPIOS RECOLLIDOS NA DIRECTIVA:

1) Non discriminación entre empregados públicos fixos e temporais en ningunha condición do traballo.

2) O principio máis importante: interdición do abuso na relación da contratación temporal sucesiva: só se admite o emprego temporal para substitucións xustificadas (baixas, excedencias…)  e non para cobertura de prazas estruturais. 

SITUACIÓN DE ABUSO NA TEMPORALIDADE POR PARTE DA ADMINISTRACIÓN

Sentencia Europea 14/2016:  prohibición de destinar a un empregado temporal a realizar funcións propias do persoal laboral fixo.Non é asumible que o empregado temporal sexa destinado a atender necesidades que non son provisionais, urxentes, excepcionais, extraordinarias, transitorias, senón duradeiras, estables e permanentes do servizo: España non está loitando contra o abuso. A Europa si lle interesa para evitar diverxencias nas condicións laborais dos traballadores comunitarios.

TIPOS DE ABUSO/FRAUDE COMETIDOS POLA ADMINISTRACIÓN PARA TRABALLADORES REGULADOS POLO EBEP

O artigo 10.4 do Estatuto Básico do Empregado Público sinala que os postos cubertos por interinos que ocupan praza “teñen que incluírse na oferta de emprego que corresponde ao exercicio no que se produciu o seu nomeamento e, senón fose posible, na seguinte, salvo que se resolva a súa amortización” A incorporación no terceiro ano como máximo.

Se é superado o prazo de 24 meses prodúcese unha situación de abuso incompatible coa normativa da Unión Europea ou a partir de tres anos, se é un contrato por programas.

Non se sabe onde vai fixar o abuso a UE:

1) Nos prazos que dita a Lei (contratos reforzo, por programas, interinaxes + 24 meses por 30).

2) Na rotación de postos con iguais funcións (substitucións rotativas con alternancia de vacantes).

3) Nas substitucións. As substitucións son legais, pero depende do modo en que se leven a cabo esas contratacións.

4) Exceso de temporalidade (funcións de persoal fixo) non urxentes, excepcionais, transitorias…(xubilacións coñecidas, cobertura vacantes programadas…todo menos substitucións imprevistas)

5) Outros…

NON PODERÍAN SOLICITAR FIXEZA AS SUBSTITUCIÓNS EXCLUSIVAMENTE DE: excedencias, liberados, baixas, reducións de xornada,… Porén, esta norma é xeral, pero no caso da Consellería de Educación, a Xunta non cumpre a lexislación porque non figuran nos contratos temporais de substitución a causa/s da cobertura da praza como marca a lei e polo tanto o traballador sofre indefensión ante esta indeterminación do carácter do seu contrato.

Excepcións ao anterior:

***Cobertura dalgunhas excedencias que teñen límite no tempo (comisións de servizos, direccións, técnicos…) que deberían saír nos dous anos as súas prazas como vacantes e non o fixeron, co que si se superou prazo (24 meses) están en fraude de lei tamén, aínda que sexa unha substitución. A reserva do seu posto de traballo é por dous anos, despois ten que saír como vacante. Pódese reclamar a fixeza no posto polo interino que cobre a praza.

***Substitucións sucesivas con alternancia de vacantes con duración superior a 24 meses. Unido a máis factores (non convocadas oposicións en prazo, alta temporalidade, idénticas funcións que o persoal fixo…)

C662DF93-0BC9-4F65-B975-14D2394755DA

2º) A SANCIÓN DO ABUSO E A FRAUDE.

Determinado o abuso hai que buscar sanción e aplicar as súas normas polos Estados membros. A normativa comunitaria non impón sanción nin normas para solucionar e evitar futuros abusos.

Os Estados membros teñen a obriga de fixar a sanción ao empresario (Administración) causante do abuso.

A sanción ten que ser: efectiva, proporcionada e disuasoria para evitar que o empregador siga abusando de temporalidade.

Os Estados membros escollen o tipo de sanción a impoñer cumprindo con estes criterios.

Exemplos:

En Grecia: fixeza para todos os interinos temporais en fraude de lei.

En Italia: solucións

a) escollen sanción económica, adxudicando unha indemnización ao traballador de 20 días por ano traballado. Ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea parécelle insuficiente esta sanción ou indemnización porque non é disuasoria, xa que non supera a cantidade dunha indemnización laboral por despedimento. Pero, finalmente apróbaa porque se engaden outras medidas sancionadoras que a converten en disuasoria e que son:

1) Multa á autoridade administrativa (Conselleiro, Ministro, Alcalde…) con perda de retribucións e restitución ao Tesouro Público as costas e indemnización dadas ao traballador.

2) Prohibición de contratación en tres anos á Administración empregadora

3) Indemnización á traballadora.

b) Sentenza Mascolo: determina fixeza ( para os profesores) porque cando se reclamou non había sanción fixada pola Administración, tal como pedía Europa, para solucionar o abuso da temporalidade.

En España non se fixou aínda sanción para loitar contra o abuso, tal como pide a normativa europea. (ISTO É CLAVE PARA A DEMANDA E O RECURSO)

O 9 de marzo de 2018, as organizacións sindicais CCOO, UGT e CSIF, e o goberno asinaron o II Acordo para a Mellora da Función Pública impulsado por Montoro. Este acordo, en continuidade co asinado en marzo de 2017, co que se pretendeu reducir a temporalidade ao 8%, promovendo supostos procesos selectivos de estabilización e consolidación, a través do concurso-oposición para prazas vacantes en fraude de lei e de oposición libre para prazas vacantes dos últimos tres anos, todas nas mesmas condicións e de acceso libre e probas eliminatorias, eliminando o concurso en Educación, foi a única medida tomada.

A solución que ofrece España vai en contra da normativa europea, ademais de en contra da interna, ao non sancionar á Administración empregadora causante do abuso. Non está dentro das SANCIÓNS posibles á situación de abuso ou fraude de lei que Europa dita: TRANSFORMACIÓN EN FIXOS OU INDEMNIZACIÓN DISUASORIA.

É a administración, e non os traballadores públicos, a que incumpriu a normativa no momento no que, para cubrir prazas estables, estruturais, non convocou oposicións, saltándose o Estatuto Básico do Empregado Público (artigos 10 e 70), o Estatuto dos Traballadores, e as directrices europeas. Comete así 3 fraudes:

– a primeira, unha fraude na contratación, ao contratar a persoal temporal para realizar funcións propias do persoal fixo. Todos, salvo substitucións que obedezan a necesidades urxentes, puntuais ou transitorias…

– A segunda, ao non convocar oposicións no ano de contrato ou ao sumo en dous anos. Nonse trata dunha gran oferta de emprego público, de feito, non se crea nin un só posto novo, son prazas ocupadas por interinos e temporais de longa duración, aos que no se lles deu a oportunidade de revalidar a súa praza cando correspondía. Ao convocalas agora, atopámonos con unha media de idade de 40-50 anos no cadro de persoal de interinos temporais.

– A terceira, ao non incluír todas as prazas vacantes e/ou necesarias para cubrir as necesidades estruturais nas ofertas de emprego público.

Resultado de imaxes para fraude de lei europa

3º)  ACUDIR A EUROPA.

HAI 2 VÍAS PARA ACCEDER AO DEREITO EUROPEO:

1. Un xuíz dun Estado membro formula cuestións prexudiciais ao TXUE (Tribunal de Xustiza da Unión Europea)

No 2006 os Estados membros seguían a incumprir a Directiva Europea e non fixaron normas internas para sancionar o abuso de temporalidade. O TXUE no 2006 emitiu unha sentenza que serviu de patrón a pronunciamentos que chegaron máis tarde e que sinala que en ausencia de sanción ao empregador por abuso de temporalidade na lexislación nacional “o castigo debe determinar a fixeza do traballador” E di que é “indispensable” establecela. Si ou si.

Esta sentenza é moi importante no noso caso, xa que en España non se estableceu unha sanción ao abuso de temporalidade. O Goberno argumenta que a sanción é o proceso de estabilización asinado cos 3 sindicatos, pero isto non supón ningunha sanción para a Administración empregadora, senón para o traballador. Por isto, na opinión de Javier Arauz a sentenza non pode ser outra que a transformación en fixos, ao non haber sanción establecida a día de hoxe para o abuso da contratación temporal. Se a houbese non habería un millón de interinos, máis de 450.000 de longa duración. Se a UE ditamina que en España non se fixou sanción, a única sentenza posible é fixeza, conclúe o letrado.

Ante a pregunta de por que no se obrigou a España a establecer esas sancións como Europa pedía desde hai anos, a resposta é que ninguén denunciara situacións de abuso de temporalidade en España con anterioridade a 2014, ano no que comezan as demandas de diferentes colectivos, tamén individuais … Denéganse moitas, pero hai 2 xulgados de Madrid (8 e 14), que ven fundamento nas demandas e deciden formular cuestións prexudiciais ao TXUE (8 preguntas concretas para evitar respostas ambiguas). A raíz destas cuestións prexudiciais, suspéndense os procesos contenciosos, que reclaman a fixeza, á espera de que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea se pronuncie, en moitos xulgados de Madrid, Sevilla, Tenerife… A Audiencia Nacional tamén suspende en providencia procesos contenciosos na mesma liña.

E para entender a insistencia das OOSS “traidoras” no éxito do seu falso proceso de estabilización e a súa insistencia en frear as demandas de fixeza entre funcionarios interinos sometidos ao EBEP, contrapoñéndonos ao funcionarios interinos laborais sometidos ao ET, temos que sinalar que OS LABORAIS TEÑEN UN PLUS PARA OBTER A FIXEZA, PERO ISO NON QUERE DICIR QUE OS FUNCIONARIOS INTERINOS NON A POIDAN OBTER, obviando xa o feito da diferencia de trato por parte dos supostos representantes dos traballadores segundo a natureza do seu contrato coa Administración incumpridora.

Os laborais,na norma interna do Estado español xa teñen dada unha solución previa,  que é a figura do INF, Indefinido Non Fixo, figura que non está recoñecida para funcionarios interinos. Porén, esta solución á UE non lle vale porque non atalla o problema, senón que supón máis temporalidade, e non está recoñecida como sanción ao abuso de temporalidade.

No 2013 un xuíz de Granada xa dicía que esta figura non cumpría coa normativa europea e elevou cuestións prexudiciais a Europa. En decembro de 2014 Europa dita Auto no que di que non se recoñece a figura de INF, xa que é igualmente un traballador temporal, polo que isto non pode establecerse como sanción ao abuso da temporalidade. Un Auto dítase cando algo é clarísimo e unha Sentenza cando non é tan claro ou máis discutible.

Tras todo o exposto, conclúese, que se non hai sanción establecida, e non a hai a día de hoxe, a sanción ten que ser só a fixeza, tal como di Europa e acorde a unha norma interna que xa existe (EBEP): ao pasar de máis de 2 anos como temporal converterse en fixo: o artigo 10.4 do Estatuto Básico do Empregado Público sinala que os postos cubertos por interinos que ocupan prazas “teñen que incluírse na oferta de emprego que corresponde ao exercicio en que se produciu o seu nomeamento e, se non fose posible, na seguinte, salvo que se resolva a súa amortización” A incorporación no terceiro ano como máximo. Se se supera o prazo de 24 meses, prodúcese unha situación de abuso incompatible coa normativa da Unión Europea.

As LEIS SOBRE INDEMNIZACIÓNS cambiaron moito nestes últimos meses. Nelas chégase a recoñecer que en España non hai sancións fixadas para o abuso de temporalidade. Outra razón máis para crer que só pode ser a fixeza a sanción que se estableza.

Hai 3 pronunciamentos ou novidades moi importantes:

  1. 11/2018 TXUE: As indemnizacións que hai no noso país en caso de abuso son as do Estatuto dos Traballadores e para laborais (33 días por ano de servizo) pero non para funcionarios interinos. A sentenza di que non compren coa Directiva Europea, porque Europa pide indemnizacións disuasorias e estas do ET cóbranas os fixos e os temporais. Non hai indemnizacións específicas e exclusivas para os temporais en fraude de lei.
  2. 16/3/2019 TS Sala do Social: esta sentenza sobre persoal laboral, foi mal interpretada, pode que intencionadamente e difundida desa forma nos medios: estívose a falar de que nela dise que os interinos non teñen dereito a indemnización. En realidade, o que di a sentenza é que aplicando a Claúsula 4 do Acordo Marco (aplicando o dereito de non discriminación) non teñen dereito á indemnización. Seguindo o criterio do TXUE, no apartado 4 di que, no caso de abuso na temporalidade, en España non existen indemnizacións disuasorias e específicas para loitar contra o abuso da temporalidade, polo que a sanción non pode ser outra que a transformación en fixos. (É dicir, que se non hai sanción establecida a única solución é a fixeza). En España non hai indemnización (3/11 TXUE) posible para cumprir a Directiva Europea.
  3. 26/9/2018 TS: en España calquera indemnización que puidese establecerse non cumpriría a Directiva porque no é disuasoria. En España as indemnizacións son compensatorias (compensan gasto ou dano), non disuasorias (penalizadoras, para que deixe de abusar da temporalidade) E o ordenamento xurídico só fala das compensatorias.

2. A segunda vía para chegar a Europa sería a denuncia ao Estado membro ante a Comisión Europea e  que esta traslade o problema ao Parlamento Europeo no seu nome e dite unha Resolución.

Ante a avalancha de denuncias que lle chegaronn á Comisión, ditou unha resolución moi importante: Resolución do 31 de maio de 2018 /2600 do Parlamento Europeo: nela póñense de relevo que o paso dun contrato de duración determinada a un contrato indefinido supón unha medida para previr e sancionar coa maior efectividade o abuso dos contratos de duración determinada, no sector público e no privado, e ten que ser clara e incluída sistematicamente por todos os Estados membros da UE nas súas respectivas normativas laborais.

O Parlamento explica ademais que esta transformación en fixo do empregado público contempla tamén a posibilidade de que o traballador afectado “obteña a reparación dos prexuízos sufridos no pasado”. Así, algúns letrados, xunto coa reclamación de fixeza piden indemnización de 18.000 € por danos morais en concepto de angustia por precariedade de emprego. Este importe é o habitual para indemnizacións por danos morais de difícil demostración, xa que non se aportan probas (informes médicos psiquiátricos…) É máis, se un Estado membro opta por penalizar o abuso da temporalidade cunha indemnización ao afectado por este abuso, esta indemnización será axeitada, disuasoria e eficaz para compensar os danos sufridos”

En resumo, a Resolución indica que no caso de abuso, a única solución é a transformación de temporal en fixo. Ademais recomenda aos Estados membros que modifiquen a normativa interna e fixan como sanción a conversión do temporal en fixo e non a indemnización. Por tanto, un traballador temporal non pode ser cesado despois de que se probase o abuso da situación temporal sucesiva xa que sería prevaricación.

Todo isto parece apuntar exclusivamente á fixeza como modo de solución.

Resultado de imaxes para denuncia europea

4º) RECLAMACIÓN PREVIA E DEMANDA

POR QUE NON ESPERAR Á SENTENZA EUROPEA PARA PÓR A RECLAMACIÓN PREVIA?

1) Para a transformación da relación temporal abusiva nunha relación fixa, a relación debe estar viva. Se hai cese definitivo sen novo nomeamento esperable que non rompa o vínculo, debe demandarase pedindo indemnización, non fixeza.

Débese solicitar que o proceso ou as prazas discutidas non saian a OPE ou no CXT na nosa demanda. Se esas prazas non fosen retiradas unha vez que a sentenza saíra, se é fixeza, habería que incorporalos aos seus postos, xa que no momento no que se cursa a reclamación previa, conxela a situación laboral (recoñécese que somos fixos nos nosos postos desde a data na que se presenta a reclamación previa)

2) O goberno de España pode fixar sanción en calquera momento (unha disposición adicional en calquera lei pedindo indemnización), antes ou despois da sentenza, sen ter logo posibilidade de pedir a transformación en fixeza.

O despacho que formulou a prexudicial cre que isto pasará despois da sentenza por varios motivos: polos tempos xa que a sentenza está prevista para outubro co adiamento das conclusións da avogada da UE; polo balbordo das eleccións; porque a día de hoxe non hai cartos para fixar unha sanción con indemnizacións disuasorias para todos os interinos en fraude de lei.

Pero, unha vez que sentencie Europa, si é fixeza, sacarán rapidamente unha lei, xa que é o único mecanismo que terían para evitalo, unha lei española que ditaminaría indemnización económica. Isto suporía non poder acollerse á sentenza Europea aínda que a lei interna fose en contra da normativa europea. Habería que litigar durante anos contra a lei de marras, para conseguilo. E o que quere o Estado é dilatalo para que moitos se esgoten no camiño ou os nosos petos e só uns poucos aguanten ata o final do proceso e logren recoñecemento de fixeza.

Por que o Gobierno non sacou xa o Decreto-Lei?

Na actualidade hai máis de 450.000 temporais de longa duración e un total dun millón de interinos. Co proceso iniciado de “estabilización”, que non é tal porque é de acceso libre, o obxectivo é reducir a temporalidade ao 8%. Co 8% si se poden permitir fixar e pagar indemnizacións disuasorias. Este proceso sigue en marcha e queda unha última convocatoria que pode ser masiva para chegar ao obxectivo. E axilizarase máis en canto Europa dite sentenza se é favorable e fala de transformación en fixeza como sanción, xa que España non estableceu ningunha sanción tal como requiría a Unión Europea.

Se se inicia o proceso de demanda antes de que saia o Decreto Lei, e despois de que Europa se pronuncie, (previamente farase a reclamación previa), polo principio de retroactividade de norma desfavorable (art. 93 da Constitución española) non poderán aplicala aos que demandaran fixeza.

POR QUE NON ESPERAR AO RESULTADO DA DEMANDA E SUMARNOS DESPOIS?

Demostrar que se cometeu abuso por incompatibilidade coa Directiva Europea é unha situación persoal e diferente para cada demandante. Determínase a sanción en función de cada caso persoal. A reclamación previa pode ser colectiva, aínda que logo aparece cada caso individualizado explicado.

Non se espera á senteza europea pola urxencia dos prazos (traslados, oposicións, posibles Decretos ou Leis que eviten fixeza…) Se cesamos antes ou sae unha lei interna fixando indemnizacións, non poderemos solicitar fixeza ou en todo caso, sería máis custoso e longo. Hai un risco maior.

PASOS PARA UNHA DEMANDA

1) Contactar co avogado ou asesoría xurídica que cada quen considere apropiado, sen esquecer que os prezos varían ata un 2000% entre as asesorías sindicais implicadas, no ensino en Galiza só USDG-CUT, e os despachos privados.

2) Presentación de Reclamación Previa. A situación que se reclama conxela a situación no momento da Reclamación Previa(contrato ao 100%, 50%, turno de tarde, centro de traballo…) Dise que somos fixos nese posto no momento de poñer reclamación. Esta reclamación é obrigatoria antes de acudir ao Contencioso-Administrativo, para funcionarios interinos e non se pode solicitar ir directamente a demanda sen este trámite, algo que nos axuda a gañar tempo ata que Europa se pronuncie.

A Consellería debería a continuación excluír a praza no seguinte proceso de CXT e OPE, en vez de paralizar todo o proceso a causa da reclamación. Paralizar unha OPE é case imposible polo interese xeral. Se non o fixeran e a sentenza fose fixeza, esa praza correspondería ao demandante. En Madrid paralizáronse xa no Concello e na Comunidade sacáronse das listas as prazas discutidas nalgúns casos. Cada xulgado é un mundo.

É máis fácil que se exclúan as prazas da oposición ou traslados se non foron publicadas as listas dos procesos? Como afecta todo isto ás persoas ás que as súas prazas sairán a traslado, á hora de realizar o proceso de reclamación e demanda (prazos, dificultades…)?

As persoas con prazas suxeitas a traslados aínda teñen que darse máis présa para non ser cesados sen haber posto a Reclamación Previa. E, unha vez posta, se a administración as saca igual no CXT e a sentenza é fixeza, serán reincorporadas a eses postos como fixos recoñecidos desde a data da Reclamación Previa. O dereito á praza nace cando se solicita. O primeiro en reclamala en dereito ten máis dereito. Se a reclamación foi previa á oposición ou CXT, o dereito do demandante xurde primeiro. Cesaríase nun futuro ao traballador que ocupa o posto ou trasladaríase. É un problema que xeraría a Administración, estando advertida, solicitada e ameazada polos reclamantes desas prazas, por non retirar esa praza, e terá que solucionalo coa incorporación da reclamante/demandante, indemnizacións por danos, …

3) Agosto é inhábil xudicialmente polo que non computa para prazos.

4) 3 meses de silencio administrativo. É o prazo mínimo a esperar para interpoñer a demanda.

5) O xuízo de Araúz en Luxemburgo coa cuestións prexudiciais resolverase ao longo de setembro-outubro. Falta o informe da avogada xeral, adiado tras nota o día 5 de setembro, e a sentenza.  Este letrado cre na fixeza coma única solución a ditar.

6) Demanda xudicial. Xuízo con sentenza europea ditada porque sen ela os tribunais de xustiza españois poderían contestarnos desfavorablemente.

En que casos no se interpón demanda, trala Reclamación Previa, e por que?

Se a resposta de Europa é favorable (transformación en fixeza), xa non será necesaria; se a sentenza é a indemnización disuasoria pódese presentar Recurso pedindo indemnizacións maiores das que fixe o goberno unha vez cesados.

Non pode sentenciar outras solucións pola propia normativa europea actual (fixeza ou indemnización disuasoria. E no caso de non establecer sanción (España) só fixeza).

Resultado de imaxes para cese trabajador

5º) CASOS CONCRETOS

CASOS DE CESE E SEN EXPECTATIVA DE RENOVACIÓN DE VÍNCULO

Faríase un Recurso de cese no que se pode pedir:

1) Nulidade do cese. Se se puxo Reclamación Previa ao cese, á OPE e ao CXT, a situación queda “conxelada” e por tanto “viva”. Se a sentenza da UE di que a sanción é a transformación en fixos e césannos sería prevaricación. Se o cese, se produce sen Reclamación Previa non é nulo.

2) Transformación en fixo (moi difícil porque a relación non está viva. Non hai relación que transformar. E máis complicado, aínda que non imposible e dependerá do risco a asumir polo demandante.

3) Indemnización disuasoria e/ou sanción económica (segundo normativa europea nov/2018): abonar o soldo desde inicio do cese ata a reincorporación ao traballo; por danos e prexuízos; por perda de oportunidades (idade); por danos morais

PERSOAL PRÓXIMO Á XUBILACIÓN

As persoas que estean próximas a xubilación (+60-62 anos) interésalles máis demandar solicitando indemnización que fixeza. Faise cando os cesen e non agora.

INDEFINIDOS NON FIXOS POR SENTENZA OU EN VÍAS DE SELO

É un erro coa lexislación actual solicitar esta figura, xa que non supón fixeza e estas prazas están incluídas nos procesos selectivos. Con esta figura césase igualmente. O que se gaña é dereito a unha indemnización (20 días por ano traballado, compensatoria) moi inferior ao que di Europa (disuasoria).

Esta figura xorde cando a Directiva Europea non estaba en vigor. Pero, unha vez que entra en vigor, Europa non a recoñece. Para o TXUE os indefinidos non fixos son igualmente persoal interino temporal, que non cumpre coa súa normativa (aporta máis temporalidade).

O obxectivo da Directiva comunitaria é evitar a temporalidade no emprego e para iso sanciónase á Administración que abusa. Por tanto, a Administración non pode solucionar a temporalidade con máis temporalidade e máis abuso, xa que INF segue sendo temporal.  A súa condición non aporta estabilidade ou fixeza.

Son incompatibles ambos procesos (indemnización laboral por cese, non disuasoria, e fixeza) Recomendamos demandar por fixeza e, no caso de non conseguilo, entón pedir indemnizacións, pero tal e como a normativa europea dita, disuasoria. Moi diferente a 20 días por ano traballado.

Como actuar os que xa solicitaron INF:

1) Para a xente que estea en trámites, solicitando esta figura recomendamos desestimala por silencio ou retirala, se non se produciu o xuízo.

2) Os que xa son indefinidos non fixos por sentenza, xa sexa porque gañaron no Tribunal de Primeira Instancia, Superior ou Supremo, aínda que estea recorrido pola Administración, non teñen que facer nada. Simplemente serían indefinidos non fixos no momento de interpoñer a Reclamación Previa.

3) Os que teñen data de xuízo moi próxima, é mellor que esperen a que pase. Se a Administración dixese que se está a concorrer en litispendencia (pedir 2 cousas contraditorias simultaneamente) habería que desistir dunha delas (pedir fixeza ou pedir indefinido non fixo). Desístese sen renunciar aos dereitos. No caso de ser favorable a sentenza do xuízo INF non terían que facer nada máis que presentar a Reclamación Previa. E, se se perdese aconsella non recorrer o INF e centrarse na fixeza.

A condición de indefinido non fixo pódese solicitar en calquera momento, tamén despois do cese polo que sempre é mellor desistir, se non se gañou, e optar a fixeza ou indemnizacións disuasorias neste momento.

SITUACIÓN ANTE O CONCURSO- OPOSICIÓN

Realmente é oposición–concurso, xa que primeiro é a oposición e hai que aprobala e, despois faise o baremo de méritos (antigüidade e formación).

O feito de que os grandes sindicatos invoquen sempre á Constitución (libre concorrencia, igualdade, méritos e capacidades…) para dicir que só se pode acceder por oposición ou concurso oposición, primeiro é mentira, xa que tamén se establece a forma de concurso (de méritos exclusivamente), que é o que tiñan que ter asinado. E, segundo, e máis importante é que: a normativa comunitaria é superior á interna e, por tanto, “dá igual” o que a Constitución, ou o EBEP diga. Se en Europa a normativa di que hai que dar fixeza ou indemnizacións disuasorias a todos os que estamos en fraude de lei ou abuso (que xa deberían poñer todos os Estados membros), e ante a ausencia de sanción (caso España) só queda a fixeza, tanto ten o que apareza na Constitución. Non hai que poñerse a discutir sobre como a interpretamos cada un. Hai que falar de normativa comunitaria que é a que realmente está por riba.

Ante a pregunta de se hai algunha contradición ou problema ao exame tendo presentada a Reclamación Previa e/ou demanda a resposta é que non. Garantías de gañar fixeza  ao 100% ninguén pode telas, así que é mellor intentar asegurar a praza por ambas vías. Non hai ningunha imposibilidade legal que o impida e ademais non facelo levaría a exclusión das listas de interinos. O obxectivo é obter fixeza, polo medio que sexa. Se hai sentenza de fixeza en Educación será antes da próxima OPE ou CXT e nese caso teremos segura xa a praza.

OS SINDICATOS ASINANTES DO ACORDAZO

UGT , CCOO e CSIF, asinantes do Acordazo, e CIG, STEG e ANPE xa falan de demandas de fixeza para o seus afiliados fóra do Ensino, tras ter negado o problema existente ante representantes do profesorado temporal reunido con eles. CSIF en Galicia ademais non asinou o acordo de estabilización autonómico e litixa en ámbitos do laboral contra a Xunta de Galicia.  

UGT en Andalucía sacou agora campaña co tema da fixeza, porén os seus afiliados pídenlle que se opoñan ao Acordazo, xa que eles son os interlocutores e cómplices co goberno e que usen esa canle para defender o que agora lles parece xusto (fixeza), e que non sexa usado como arma para gañar votos nas próximas eleccións. Que vaian en contra da falsa estabilización a través dun concurso-oposición e pidan que sexa por concurso de méritos, garantindo igualmente a fixeza e sen necesidade de demandar ou pleitear para os afectados.

Os sindicatos asinantes do Acordazo están a perder votos e afiliados que castigan o seu comportamento nestes anos a favor de sindicatos de nova creación que loitan polos temporais en pé de igualdade cos demais compañeiros.