USDG, QUEN SOMOS

SECRETARIA XERAL: ANDREA ESTÉVEZ BARREIRO. Secundaria. secretaria.xeral@usdg.gal

SECRETARIO ORGANIZACIÓN: ENRIQUE CARDONA FILGUEIRA. Secundaria. secretaria.organizacion@usdg.gal

SECRETARIO DE ACCIÓN SINDICAL: IAGO TRILLO GAREA. Secundaria. secretaria.accionsindical@usdg.gal

Secretario da Sección da Coruña: Carlos J. Sánchez Díaz. Primaria. secretaria.acorunha@usdg.gal

Secretario da Sección de Lugo: Jaime Rozas Barrero. Formación Profesional. secretaria.lugo@usdg.gal

Secretario Secc. Ourense: Carlos Barberena López. Formación Profesional. secretaria.ourense@usdg.gal

Secretaria Secc. Pontevedra: Conchi Rodríguez Fariña. Conservatorios. secretaria.pontevedra@usdg.gal

Outras áreas de responsabilidade:

  • Igualdade: igualdade@usdg.gal (Natalia Fdez.)
  • Conflitos colectivos: conflitos@usdg.gal (Noa Carrera)
  • Alerta lingüística: engalego@usdg.gal (Xulia Mnez)
  • Comunicación: comunicacion@usdg.gal (Alfonso Alvz.)
  • Colectivos Sur da Galiza: colectivos.sur@usdg.gal (Rosa Gándara)
  • Colectivos Norte da Galiza: colectivos.norte@usdg.gal (Fran Guerra)

Por que xorde o sindicato USDG?

Nace nunha asemblea espontánea convocada a través de redes sociais e de telefonía e nela decídese, por maioría, a creación dun sindicato para poder ter voz ante o que está a ocorrer coas nosas compañeiras e compañeiros temporais presentes e futuros.

No mes de abril dese mesmo ano acórdase levar a cabo varias accións ante a sinatura do ACORDAZO no Ministerio de Educación en Madrid coas Organizacións Sindicais CCOO, UGT e CSIF, no que se vendía un proceso de estabilización inexistente e que só conduce a un ERE (xa en marcha) nas Administracións Públicas,  ao substituír uns profesionais cualificados e con experiencia por outros novos e máis baratos (con antigüidade 0 en gran parte dos casos).
Por se fose pouco, a UE ditaminou a existencia de abuso na contratación dos traballadores temporais con contratos por máis de 3 anos e tamén a sanción a España de non reducir a cota de temporalidade, é dicir, reducir o persoal interino da administración, ao 8%.
Por todo o exposto, os traballadores temporais do ensino en Galicia viven en PRECARIO, dada a inestabilidade continua do seu posto de traballo, e tras moitos anos ocupando prazas vacantes, algo que xa se veu nesta última OPE onde máis de 400 temporais pasaron ás filas do INEM.



ACCIÓNS EMPRENDIDAS DENDE A NOSA FUNDACIÓN

  • MARZO 2018:

1-Decisión de fundación dun sindicato alternativo ante a falta de resposta ao problema do persoal temporal por parte do resto de OOSS. Acórdase acudir unidos á Marcha do Persoal Precario a celebrarse o 16 de Marzo.

  • ABRIL 2018:

2-Decídese impugnar a OPE de Educación. Preséntase o Recurso e recádanse arredor de 3000 euros para esta demanda con campañas nas redes e recadacións concretas.

3-Tamén se fai unha Concentración na Praza do Toural para denunciar a situación.

4-Edición de material para mobilizacións: faixa, camisetas, bandeirolas con aportacións da I Asemblea.

5-Reunións cos encargados de ensino dos Grupos Parlamentarios do PSOE, PP, BNG, En Marea no Pazo do Hórreo. Todos mostran compresión co problema pero non solucións.

En Marea préstase a dar unha rolda de prensa conxunta denunciando a situación. Obtense promesa de Luís Villares de levar o asunto ao Parlamento pero nunca se levou a cabo.

  • MAIO 2018:

6-Concentración na Praza do Toural promovida por PI, xa como USDG.

7-Reunión cos sindicatos en Pontevedra: CIG, CCOO, ANPE, STEG, UGT. Non acude CSIF. Néganse a apoiar as nosas teses. CCOO abandona a xuntanza tras negar o seu propio informe xurídico de consolidación extraordinaria. Tanto CCOO coma UGT negan o problema. ANPE móstrase disposto a falar de vantaxes para certos colectivos. STEG e CIG falan de acceso diferenciado. Ningunha está disposta a denunciar o falso concurso-oposición recoñecéndoo.

  • XUÑO 2018:

8-Reunión co Subdirector Xeral de Recursos Humanos que Culpa aos Presidentes dos Tribunais do sistema de eliminación masiva na 1ª proba da OPE. Alude ao acordo sindicatos-goberno ante unha consolidación.

9-Interpoñemos demanda contra as bases da OPE no TSXG.

  • XULLO 2018:

10-Finalizada a Constitución legal de USDG.

11-Acto de protesta colectivo en San Caetano presentando por rexistro unha queixa contra o sistema selectivo. E queixas individuais por parte dos afectados. Somos convidados a saír do rexistro pola Policía Nacional por “tumulto” que creabamos.

  • SETEMBRO 2018:

12-Asemblea Xeral organizativa cara ás eleccións sindicais.

  • OUTUBRO 2018:

13-Reunión en Madrid coa PI : acórdase presentar o día 25 Denuncias nas Inspeccións de Traballo de cada provincia que finalmente Respostaron falta de competencia.

  • NOVEMBRO 2018:

14-Concesión de 7 permisos dun mes para a campaña. Edición de cartaces e dípticos. Presentamos candidaturas na Coruña, Pontevedra e Ourense. Percorremos o 100% dos centros de Pontevedra e Ourense e o 70% da Coruña. Enfrontamentos continuos coa CIG

15-Elíxese a Comisión de Mediación e Conflitos formada por Alberto Eiroa, M. Carmen Fdez e Lucas Vázquez. Elíxense aos 4 Secretarios das Seccións Sindicais: Enrique Cardona en Lugo, Carlos Sánchez na Coruña, Manuel Sánchez en Ourense e Alfonso Álvarez en Pontevedra.

16-Participación en Diálogos coa cidadanía do Parlamento Europeo, en Verín, coa Eurodeputada Lídia Senra, no que expoñemos a situación dos docentes temporais galegos.

  • DECEMBRO 2018:

17-Eleccións Sindicais: 809 votos nas eleccións. Na Coruña á par de UGT. En Pontevedra por riba de CSIF. Quedamos sen delegados, pero con forza en número de votos.

  • XANEIRO 2019:

18-Asemblea sobre o futuro de USDG no que se formula a posibilidade de chegar a un acordo co sindicato CUT e se analizan os resultados electorais como positivos.

  • FEBREIRO 2019:

19-Conchi Rodríguez presenta no rexistro do Congreso dos Deputados en Madrid o documento de adhesión de USDG, CUT, APMAEGAL, ASOCIATEM, Asociación de Traballadores Temporais da Administración, CO.BAS e 14 máis á iniciativa de paralización de OPEs e RENEGOCIAR o “Acordazo” xa que os sindicatos asinantes non son xa representativos.

20-Ademais, Conchi Rodríguez foi convidada a Bruxelas ao Parlamento Europeo, ao REALPE, (Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas) onde fixo unha intervención na que denunciou como as diferentes administracións están a buscar a forma de burlar a resolución europea.

  • MARZO 2019:

21-Promoción do 8M e reunións coa CUT para a elaboración do convenio.

22-Modificación de Estatutos no que se introducen o cobro de cotas e tamén rexistro do cambio de Representación na Secretaría de Acción Sindical: sae Beatriz López e entra Iago Trillo.

23-Ademais, a Secretaria Xeral, Conchi Rodríguez acudiu a Oviedo á reunión promovida por SINTTA á que asistiron sindicatos de toda España para tratar a Fraude de Lei e situación de demandas

  • ABRIL 2019:

24-Comezo do convenio de colaboración USDG-CUT. Comeza o cobro de cotas.

  • MAIO 2019:

25-Participación no 1º de Maio nas diversas localidades xunto coa CUT.

26-Reunión de Colectivos en Fraude da Admon Pública galega  e participación na I Marcha de Colectivos en Fraude de Lei en Compostela cuns 200 asistentes.

27-Creación dunha Rede de Axuda para Permutas do Profesorado nas Redes.

  • XUÑO 2019:

28-Asemblea sobre demandas de Fixeza e inicio da asesoría xurídica da CUT

29-Reunión con Colectivos en Fraude de Lei de cara ao traballo de setembro.

30-Escrito por rexistro solicitando a paralización das OPE.

31-Campaña de readmisión dos excluídos na OPE de Inglés pola avaría do tren a Compostela.

  • XULLO 2019:

32-Concentración en San Caetano polo sistema de acceso.

33-Inicio da colaboración en Colectivos en Loita na comarca da Coruña.

  • AGOSTO 2019:

34-Presentación do informe sobre resultado da OPE na que se verifica a fraude do sistema de oposicións.

35-Atención de múltiples queixas pola asesoría xurídica da CUT.

-Aumento de afiliación por conflito OPEs.

  • SETEMBRO 2019:

36-Reclamación polo incumprimento do Catálogo de Primaria promovido polas Mestras de Francés.

37- Participación no encontro de coordinación das Mareas por la Educación Pública. Madrid 7 setembro. Acordouse un calendario de reivindicacións no primeiro trimestre do curso e a celebración dun encontro en Cádiz no mes de decembro no que se traballaría entre outros temas as condicións laborais do profesorado.

38-II Xuntanza dos Colectivos en Loita na comarca da Coruña.

39- Participación en Vigo na Asemblea da “Marea Verde do Ensino”, na que se expuxo a precariedade laboral das interinas. Houbo compromiso de participación nas movilizacións e apoio dalgunhas das nosas reivindicacións.

40-Reunión cos Colectivos en Fraude de Lei e II Marcha de Colectivos en Fraude cunha participación menor que no mes de maio. Acórdase un peche en San Caetano.

41-Reclamacións e Campaña para a readmisión das compañeiras de Orientación de Primaria.

42-Asemblea inicio de curso: Tratase a integración na CUT e  I Congreso do Sindicato.

-Aumento de afiliación por conflitos co CADP ata os 110 afiliados

  • OUTUBRO 2019:

43-Reclamación pola eliminación do Catálogo de Primaria mestres de AL, PT.

44-Reunión de Colectivos en Fraude de Lei: acórdase facer unha ILP e mobilizacións.

45-Asemblea: Para a Organización do Congreso propio. Aclaracións sobre fixeza por parte da  asesoría xurídica.

  • NOVEMBRO 2019:

46-Reunión dos equipos do Relatorio Organizativo e Político-sindical.

47-I Xuntanza da Coordinadora de Función Pública da CUT: participaremos na elaboración do documento de principios como representantes dos funcionarios interinos da CUT.

48-Participación en concentracións e marchas de Colectivos en Loita na Coruña.

49- Participación na marcha e peche das FOANPAS en Vigo o 13 de novembro.

50-Adhesión á Folga de Ensino prevista para o 12D e organizada polo resto de OOSS de Ensino.

  • DECEMBRO 2019:

51-Participación na manifestación do 12D en Compostela

52- I Congreso Nacional da USDG-CUT.

Compostela, 14 de Decembro de 2019