USDG-CUT CHAMA Á MOBILIZACIÓN CONTRA O PROTOCOLO COVID DA XUNTA

Ante a falta de vontade negociadora da Xunta e da inexistencia dunhas medidas axeitadas para o vindeiro curso, USDG-CUT chama á afiliación e máis a todos os membros da comunidade educativa a mobilizarse contra o protocolo COVID.

Non é tan só a ineptitude da Consellería de Educación, se non o abandono e o castigo continuo do señor Feijoó cara a educación pública. O seu proxecto político é destrución dos servizos públicos, mais non lle vamos deixar. Acode ás mobilizacións:

O MÉRCORES 22 DE XULLO ÁS 11:30 E O MARTES 28 DE XULLO ÁS 11:30 CAZOLADA FRONTE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN EN SAN CAETANO

Todas xuntas gañaremos a batalla contra esta política noxenta da Xunta!