USDG-CUT APOIARÁ AS MOBILIZACIÓNS CONTRA O PROTOCOLO COVID

USDG-CUT apoia a decisión das organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial de retirarse da negociación coa Xunta, en rexeitamento ás medidas propostas para facer fronte á COVID durante o vindeiro curso 2020-2021.

Como xa levamos tempo denunciando dende a USDG-CUT, este non é un problema puntual : é unha problemática estrutural. A Xunta non quere invertir un peso na Educación Pública, ese é o ADN do goberno de Feijóo con privatizacións e recortes no sector público. Temos catro anos máis desta rémora, catro anos máis nos que seguir loitando contra o desmantelamento da sanidade, educación, dependencia, etc., do público, do de todas e todas nós.

Con máis recursos, máis profesorado e mellores espazos, non se tería producido esta situación pero o diñeiro público ten outros destinos: fondos voitres e empresas privadas que viven a costa do diñeiro da clase traballadora.

USDG-CUT apoiará as mobilizacións que se produzan para facer fronte á verdadeira pandemia: un goberno que utiliza o público para encher os petos das empresas privadas.

Só a presión de toda a comunidade educativa será quen de parar esta situación. Contamos con vós!!!