NON HABERÁ MEDIDAS FRONTE A COVID-19

USDG-CUT denuncia que a Consellería de Educación da Xunta de Galiza non vai tomar ningunha medida en relación a COVID-19. O señor Feijóo xa sentenciou: os cartos para educación serán para outras cousas máis importantes.

A educación non é unha prioridade, un país centrado no turismo, para que  precisa dun servizo público educativo de calidade? Non vaia ser que as traballadoras teñan educación e vaian a cuestionar o sistema produtivo. O importante é saber servir un café en inglés ou unha mariscada en alemán…

Non haberá baixada de ratios, nin distancia entre alumnado, nin nada de nada. Máscara e a producir! De novo a Consellería de Educación evidencia a súa submisión ás necesidades do capital, a vida das traballadoras non é relevante, que non pare a maquinaria!

O alumnado ateigado en grupos de 30, se teñen familiares de risco… que se aguanten! Esta é a política do Partido Popular, non facer nada, malo será! A maquinaria electoral funciona, a gobernar e facer caixa.

Todo este problema tería solución se aumentase o investimento en educación: é necesario rebaixar ratios, contratar máis profesionais, atender á diversidade do alumnado, contar con espazos axeitados, e un largo etcétera de demandas que se veñen facendo ano tras ano desde as organizacións sindicais. Xa non é pola COVID-19, se non para dispoñer dunha educación adecuada ao século XXI.

Este goberno incapaz e kamikaze é a nosa ruína. Señor Feijóo, señora Pomar, os dous xuntiños, se teñen un mínimo de dignidade, dimitan, para casiña e a deixar de chupar.