REXISTRADA NA CONSELLERÍA QUEIXA POLA NON COBERTURA DE BAIXAS DURANTE ESTA CRISE

Resultado de imaxes para: TELEFORMACION

USDG-CUT DICIMOS:

Que seguindo as indicacións do RD 463/2020 de Estado de Alarma onde se especifica o seguinte:

Artículo 9. Medidas de contención en el ámbito educativo y de la formación.

1. Se suspende la actividad educativa presencial en todos los centros y etapas, ciclos, grados, cursos y niveles de enseñanza contemplados en el artículo 3 de la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación, incluida la enseñanza universitaria, así como cualesquiera otras actividades educativas o de formación impartidas en otros centros públicos o privados.

2. Durante el período de suspensión se mantendrán las actividades educativas a través de las modalidades a distancia y «on line», siempre que resulte posible.

E atendendo ás Instrucións ditadas pola Consellería de Educación ao respecto de 13 de marzo de 2020, no respecto á necesaria teleformación do alumnado durante este período de crise:

2. PRESENZA DO PERSOAL DOCENTE E NON DOCENTE NO CENTRO (modificado pola instrución do 15 de marzo en canto á permanencia no centro, máis non no traballo a desenvolver a distancia)

2.1. Establécese as seguintes previsións en relación coa presenza do persoal que se indican a continuación:

a) Educación infantil e primaria

-Centros de menos de 6 unidades

A titorización e a atención do alumnado realizarase cos medios non presenciais, telemáticos,  telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc)

-Restantes centros

Para a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) establécese a presenza do persoal docente que determine o equipo directivo, sempre que non presente sintomatoloxía. Non se terá en consideración o persoal de reforzo educativo, auxiliares de conversa…, etc. que non teñen a obriga de asistir ao centro.

b) Resto de ensinanzas

Para a titorización e atención ao alumnado polos medios non presenciais, telemáticos, telefónicos ou doutra índole dos que dispoñan os centros e as familias (por exemplo, webs dinámicas, aulas virtuais, Edixgal, etc) establécese a presenza do persoal docente que determine o equipo directivo, sempre que non presente sintomatoloxía.

Non se terá en consideración o persoal de reforzo educativo, auxiliares de conversa…, etc. que non teñen a obriga de asistir ao centro.

c) Educación especial con servizo de residencia

Deberá existir o persoal suficiente docente, coidador e de cociña para garantir os coidados básicos do alumnado asistente.

d) Agás nos centros de educación especial con residencia, para o persoal de cociña, limpeza e persoal coidador aplicaranse as previsións do convenio colectivo para os períodos de inactividade.

e) O restante persoal de apoio e reforzo educativo non asistirá ao centro educativo

SOLICITAMOS,

Se cubran de forma inmediata as baixas que se están a producir, dado que o alumnado ten dereito a ter teleformación e a Consellería está incumprindo ao non chamar a substitutos que as cubran de forma normalizada.

Non podemos consentir que se pisen desta forma os dereitos de alumnado, nais e pais e profesorado involucrado neste desleixo administrativo que pode ser efectuado perfectamente por vías telemáticas, dado que a única excepción recollida por lei a trámites administrativos é precisamente as altas e baixas na Seguridade Social.

Semella que a Consellería estea a aforrar aproveitando a crise do COVID-19, non chamando a este persoal quedando aínda 2 semanas para Semana Santa, deixando sen atención escolar a centos de alumnas/os.

Esiximos que sexa chamado o persoal substituto que corresponde de forma inmediata en cumprimento da lexislación vixente autonómica e estatal.

18 de marzo de 2020

sinatura andrea.png

Asdo. : Andrea Estévez Barreiro

Secretaria Xeral de USDG-CUT

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O. UNIVERSITARIA

DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS