NOVO ENCONTRO DE TEMPORAIS DA GALIZA

Tras o éxito da convocatoria do 15F, o Encontro de Persoal Temporal de Galiza volverá reunirse en Compostela o vindeiro 28 de Febreiro ás 17.00 h. A xuntanza terá lugar no Salón de Actos da Consellería de Sanidade en Compostela.

A convocatoria inclúe aos colectivos que conforman o encontro: AGIX, ASATE, CUT, CNT, Co.bas, USDG, Temporais do Consorcio, CGT e ASOCIATEM, e ás persoas que a título individual o conformaron, e ábrese a calquera outro colectivo e/ou persoa interesada e afectada pola fraude de lei que azouta ás administracións públicas no territorio galego.