NOVOS HORARIOS E BUSES TRANSPORTE GALIZA-MADRID 15F

Desde USDG e CUT, ofrecemos transporte para acudir á mobilización estatal na defensa dos traballadores públicos en fraude de lei. Onte mesmo coñecimos que a resolución da sentenza europea terá lugar o vindeiro 19 de marzo, polo que agora é o momento de presionar na rúa aos novos gobernantes e sindicatos traidores da clase traballadora.Adhesións: http://www.sostemporalespublicos.com

Dispoñemos de saída desde as 7 cidades galegas: Ferrol, A Coruña, Lugo, Compostela, Pontevedra, Vigo e Ourense. Podes anotarte facendo o pago na conta de USDG-CUT da Caixa Rural Galega ES49 3070 0037 1662 1564 1728 por un importe de 30€/persoa e logo enviar o xustificante de pago, que tamén deberás presentar ao subir ao bus, a usdg.gal@gmail.com onde figure cidade de saída, dni e teléfono.

Tamén podes anotarte poñéndote en contacto por wasap ou telegram no 645592425 – non chamadas. Unha vez feito o ingreso terás a túa praza garantida e engadirémoste ao grupo de wasap da organización.

Os horarios DEFINITIVOS e lugares de saída, son os que detallamos a continuación:

BUS 1 ATA BENAVENTE QUE SE UNE AO BUS PRINCIPAL

A Coruña 2.00 h Diante da porta principal da estación de autobuses. Rúa Caballeros.

Lugo 3.30h Avenida Ramón Ferreiro, diante do IES Ollos Grandes

BUS 2 PRINCIPAL

Compostela  00.15 Multiusos do Sar

Pontevedra  1.15 Pavillón dos Deporte

Vigo 2.00 Praza de España

Ourense 3.30 h Pavillón dos Remedios

Pararemos en Benavente para almorzar e unirnos nun só autobús polas 6.45 aproveitando o descanso do condutor de 45 minutos. Chegada a Madrid arredor das 10.30 h a Avda. Alfonso XII, no lugar reservado para autobuses pola organización e próxima a Cibeles. O regreso será ás 16.30h xa que a previsión é que a mobilización remate arredor das 15.00h.

NOTA: O noso transporte está subvencionado en parte polo sindicato USDG e o sindicato CUT, para facilitar o dobre transporte e a maior comodidade posible para todas.

VÉMONOS EN MADRID!!!!!