TRANSPORTE 15F A MADRID. COMUNICADO.

O día 15 de febreiro, 10 particulares, persoal temporal das AAPP do estado español de diferente procedencia, rexistraron a convocatoria da Manifestación polo cumprimento da Directiva Europea 1999/70/CE,
pola FIXEZA de Empregad@s Públic@s en FRAUDE DE LEI por abuso de temporalidade.

Desde a USDG-CUT apoiamos esta marcha, xa que o noso sindicato naceu precisamente co fin da mobilización dos temporais alá onde poidamos reivindicar os nosos dereitos laborais e contractuais.

Como parte do equipo da coordinadora de transporte en Galiza dos colectivos participantes no Encontro de Temporais (APMAEGAL, ASOCIATEM, CUT, CNT, USDG-CUT,….), queremos aclarar:

1. Nin o Encontro de Temporais nin USDG ten control ou coñecemento da organización do transporte chamado: “Autobús de Santiago a Madrid para 15 de febrero”, organizado a nivel particular por varias afectadas.

2. Desde USDG xestionamos e centralizamos a saída desde as cidades de: Ferrol, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Compostela (de forma independiente ao transporte desde Santiago organizado por particulares do punto 1).

3. O prezo do transporte con USDG e resto de colectivos é de 30 € ida e volta, que serán abonados na conta de USDG da Caixa Rural Galega ES49 3070 0037 1662 1564 1728, indicando nome e apelidos do/s viaxeiros/s, DNI e cidade de saída. Data límite: 12 de febreiro.

O pagamento confirma a reserva e será imprescindible presentar xustificante bancario do ingreso ao subir ao autobús.

4. O horario de saída será confirmado na semana anterior de cada punto de saída xunto cun teléfono de emerxencia da coordinadora.

5. Dado que as prazas son limitadas, non se aceptarán cancelacións que teña que asumir a organización, salvo que se consiga o intercambio con outro viaxeiro que cubra ese gasto.

6. Dúbidas e máis info:

usdg.gal@gmail.com

Telegram: @SouGz

Messenger Facebook: USDG-CUT