USDG-CUT DEMANDARÁ ANTE OS TRIBUNAIS DE XUSTIZA A OPE DE EDUCACIÓN

Na Asemblea Aberta de hoxe 18 de xaneiro acordouse a impugnación da Oferta Pública de Emprego da Consellería de Educación en base aos seguintes argumentos:

  1. Falso proceso de estabilización do persoal contratado en fraude de lei: a Consellería recoñece incluír nesta oferta 1.134 prazas de estabilización fraudulentas.
  2. Sistema de acceso con supostos mecanismos de estabilización que non son tal: 1 tema máis na primeira proba é o único cambio que se introduciu na proba decisiva e eliminatoria da 1ª parte. Supoñendo que algún afectado chegue a concurso, este perde o seu valor e non determina quen obtén dita praza. A maiores moitos temporais perden puntuación ao baixarse de 1 a 0,7 puntos por ano traballado.
  3. Enfrontamento e división entre o profesorado provocado: a administración enfronta aos traballadores antigos cos novos ao crear unha confrontación por prazas que oferta como Libres, aínda sabendo que son prazas de estabilización en fraude.
  4. Neoliberalismo encuberto: o Estado substitúe traballadores expertos e máis caros, por outros inexpertos e máis baratos, aforrando con este procedemento millóns de euros nas nóminas.
  5. A Xunta de Galicia, o goberno de España, as organizacións CCOO, UGT e CSIF en Madrid e CCOO e UGT en Galicia, asinaron FALSOS ACORDOS DE ESTABILIZACIÓN. Os sindicatos traizoaron aos seus traballadores.
  6. A Conselleira Carmen Pomar non recibe a USDG, tras a petición de 2 reunións de xeito formal. USDG non ten poder negociador, pero é un sindicato legalmente constituído e que obtivo numerosos votos nas últimas eleccións sindicais, lexitimando o noso proxecto sindical.
  7. Neste proceso iniciado en 2018 centos de compañeiros foron xa abocados ao paro sen que ningunha Organización Sindical fixera nada para evitalo. Compañeiros que hoxe están en situación de indefensión ou ben con procesos xudiciais individuais abertos contra a Consellería.
  8. O Tribunal Superior de Xustiza Europeo e o Tribunal Supremo veñen de recoñecer o abuso na contratación e a necesidade de sancións ás administracións que incumplen. Ademais, antes desta OPE coñeceremos a sanción que estipule na súa sentenza o TSXUE e as súas consecuencias.
  9. O sistema selectivo está cheo de lagoas escuras: falta de transparencia, tribunais aleatorios sen preparación previa, falta de anonimato nas probas, erros garrafais nas preguntas das probas, libre albedrío de cada tribunal á hora de tomar decisións de calado, etc.

POR TODO O EXPOSTO SOLICITAREMOS FORMALMENTE Á SRA. POMAR DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, AO SR. BARREIRO DE FUNCIÓN PÚBLICA DE GALICIA, AO SR. FEIJOO COMO MÁXIMO RESPONSABLE, PARTIDOS POLÍTICOS, MINISTERIO, ETC. A INMEDIATA PARALIZACIÓN DO PROCESO, Á ESPERA DA SENTENZA DA UE E ÁS SÚAS CONSECUENCIAS SOBRE OS TRABALLADORES EN FRAUDE. DE NON FACELO, ESTARÍAN A PREVARICAR E XOGAR CO FUTURO DE MILES DE DOCENTES AFECTADOS EN TODAS AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS DO ESTADO.

NON TEMOS LIBERADOS, NIN SUBVENCIÓN ALGUNA, PERO TEMOS LOCAIS DE REUNIÓN E SERVIZO XURÍDICO PARA DEFENDER AS NOSAS CAUSAS, E A FORZA DE MOITAS COMPAÑEIRAS, DEFINITIVAS E TEPORAIS, FARTOS DO SINDICALISMO INACTIVO.

A NOSA COTA É DE 10 € OU 5€ SE ESTÁS NO PARO. COLABORA CON NÓS PARA PARAR O ERE UNÍNDOTE A USDG-CUT.

Na nosa web www.usdg.gal atoparás información sobre nós

SECRETARIADO NACIONAL DE USDG-CUT. VIGO 18 DE XANEIRO DE 2020.