USDG-CUT APOIA A FOLGA E MOBILIZACIÓN DO 12D

USDG-CUT apoiamos as mobilizacións xustas como sindicato combativo e na rúa dende a nosa fundación.

E por iso que, a pesar de non considerarmos o asunto máis acuciante polo que loitar desde o sindicalismo hoxe ante despedimentos colectivos sen resposta, non podemos máis que apoiar e adherirnos á xornada de folga convocada.

A lista de melloras pendentes é longa se queremos mellorar a calidade educativa, comezando pola consolidación do persoal en fraude:

Redución de horario lectivo do profesorado, redución de ratios de alumnado nas aulas, melloras na formación do profesorado, regularización do persoal temporal en abuso de temporalidade e cambio no sistema de acceso do profesorado.

USDG apoia por tanto a folga do profesorado galego o 12 de decembro para recuperar os horarios lectivos e mellorar as condicións de traballo de todos os docentes.

Desde USDG seguiremos traballando na mellora do sistema educativo a todos os niveis e aplaudimos a mobilización do profesorado galego na defensa dos seus dereitos.

12 DE DECEMBRO SEN AULAS

Secretariado Nacional de USDG-CUT