DAS PRIORIDADES DOS SINDICATOS ANTES DE CLASE, AGORA DOS SEUS

SOBRE O PECHE SINDICAL DA MESA:

Celebramos calquera mellora e devolución nos dereitos usurpados ao profesorado galego, mais a orde de prioridades de calquera sindicato non comeza pola melloría dos estables, senón pola non destrución de postos de traballo.


USDG-CUT loitará por ambos, comezando pola base, de abaixo a arriba. Non vemos peches pola precarización dos servizos públicos e dos seus traballadores máis débiles. Non vemos peches por un sistema de acceso inxusto e manipulado como falso concurso-oposición.
Só vemos melloras para os mesmos que se pechan e logo merendan coa patronal.


Non precisamos 18 h estando no paro por máis que tamén defendamos este punto. Nada teñen que dicirnos do informe do TXUE e á Conselleira parece que tampouco.


AS OOSS DA MESA SEGUEN A OBVIAR O PRINCIPAL PROBLEMA LABORAL NA CONSELLERÍA: OS DESPEDIMEMTOS.

Secretariado Nacional de USDG-CUT