UDSD-CUT PON OS SEUS RECURSOS A DISPOSICIÓN DAS REIVINDICACIÓNS DOS MESTRES DE ORIENTACIÓN DE PRIMARIA E DOS MESTRES DE FRANCÉS

** USDG-CUT REXEITA A EXCLUSIÓN E/OU VARIACIÓN DA ORDE NAS LISTAS DAS COMPAÑEIRAS DE ORIENTACIÓN CONSOLIDADAS NA PROPIA ESPECIALIDADE

Os servizos xurídicos da USDG-CUT puxéronse a disposición das afectadas, que amosaron o seu malestar ante o Acordo da Mesa Sectorial, con respecto ao novo ordenamento da Lista de Orientación que as deixou no limbo, ou moito peor, no paro.

As compañeiras docentes, levan na maioría dos casos anos desempeñando a súa función, tras ter presentada a titulación superior esixida para exercela. Porén, a Consellería e sindicatos asinantes dese Acordo de reordenación, decidiron eliminar da lista de Orientación ás traballadoras que non tiveran consolidado nalgunha outra lista de Primaria diferente. Con esta decisión están a SALTARSE O ACORDO DE INTERINOS no que se establece que os traballadores consolidan o seu posto tras ser chamados nunha lista da que forman parte. Non existe ningunha excepción a dita regra, e se ben as compañeiras pertencían a maiores a outra lista de orixe, a configuración da lista de Orientación Primaria fíxose seguindo as normas ditadas pola Consellería en cada momento e cumprindo os requisitos que foron variando e cumprindo as docentes.

Desde USDG-CUT apoiamos e solicitamos a sindicatos e Consellería, que van tratar o tema na próxima Mesa Sectorial, que SUBSANEN DITA INXUSTIZA, dado que non hai base legal nin lóxica para tal discriminación do persoal de Orientación consolidado en dita lista ou se fagan responsables das consecuencias legais e sociais que leva suprimir os derietos das docentes de Orientación Primaria.

Resultado de imaxes para orientacion educativa primaria

**USDG-CUT APOIA A LOITA DOS MESTRES DE FRANCÉS POR MANTER OS SEUS POSTOS DE TRABALLO

Representantes dos Mestres de Francés, puxéronse en contacto coa nosa asesoría para atallar o problema xurdido coa supresión de prazas desta especialidade nas adxudicacións do CADP, que aparecen no Catálogo da Consellería. O colectivo quere deixar patente o problema mediante este comunicado que USDG-CUT apoia e refrenda:

“Novamente volvemos a observar que se repite o e cada curso: estanse adxudicando vacantes de francés por primaria e a explicacion dende a consellería é que o colexio quere un mestre de primaria e non de francés e a conselleria fai o papel de cómplice e de verdugo da especialidade.

O colectivo de mestres de francés de primaria protesta enérxicamente e pide ás OO SS que non sexan elas tamén cómplices e verdugos. Pensamos que non están sendo eficaces as protestas e que se segue a incumplir , de xeito moi consciente e intencionado, a legalidade vixente.

Non queremos ser consentidores de tamaña inxustiza e poñemos en coñecemento de todos os sectores o que está a ocorrer.

Necesitamos unha solución e unha resposta por parte da administración.”

USDG-CUT apoiará todas as decisións ao respecto que tome o colectivo e esixirá o cumprimento da RPT en todas as especialidades e corpos na que esta existe.

Advertisements