ACLARACIÓNS SOBRE A SITUACIÓN DE ABUSO E FRAUDE DE LEI

Dende USDG-CUT queremos compartir con todos os temporais, substitutos e interinas de todos os corpos do ensino este texto, elaborado por compañeiros da PI-España e adaptado e acotado por nós ás características propias do persoal de Educación en Galicia. Só pretendemos clarificar as múltiples dúbidas que xorden arredor da avalancha de demandas de fixeza presentadas por temporais de todas as administracións públicas ante o inminente pronunciamento do Tribunal de Xustiza Europeo.  É un texto longo, xa que profunda nas dúbidas máis comúns, igual de longo que o tempo que leva a Administración cos seus abusos sobre os empregados públicos, aqueles +de carácter inicialmente temporal pero que prolongaron a súa condición máis aló do marco legal establecido e por causas alleas ao seu control.

USDG-CUT non busca máis que proporcionar información real e actualizada ás compañeiras afectadas, xa que os sindicatos do ensino en Galiza non están a dar información algunha sobre o que está a pasar, salvo que o propio interesado tome a iniciativa, correndo o risco de perder o seu posto de traballo ou empeorar as súas condicións laborais tralo falso proceso de estabilización convocado por algúns deses sindicatos xunto co Ministerio de Facenda e de Educación de España.

Resultado de imaxes para SOGA AL CUELLO

Se algunha compañeira precisa información máis precisa ou sobre algún aspecto non aclarado neste escrito, pode poñerse en contacto connosco polas vías habituais e axudarémoslle no que poidamos.

1º) A SITUACIÓN DE ABUSO OU FRAUDE DE LEI.

A temporalidade reiterada no tempo nos cadros de persoal das administracións públicas, é contraria á Directiva comunitaria 1999/70 sobre traballo de duración determinada, a Constitución, a Resolución 2018/2600 do Parlamento Europeo, o Estatuto Básico do Empregado Público e o Estatuto dos Traballadores.

A alta temporalidade dos cadros de persoal mantida no tempo, e a pesar do falso proceso de estabilización, favorécenos á hora de formular unha demanda polo exposto anteriormente.

A DIRECTIVA EUROPEA 1999/70

A Directiva contempla a prohibición aos empregadores, tanto públicos como privados, do abuso na temporalidade sucesiva: se hai máis de tres meses entre contrato e contrato deixa de ser sucesiva. Indica que as lexislacións estatais deben sancionar aos empregadores que cometan ese abuso.

Ademais, precisa que a sanción na lei non pode ser  o despedimento do traballador, senón que debe ser a transformación en fixo do empregado eventual ou o pagamento dunha indemnización “proporcional, eficaz e disuasoria”.

** PRINCIPIOS RECOLLIDOS NA DIRECTIVA:

1) Non discriminación entre empregados públicos fixos e temporais en ningunha condición do traballo.

2) O principio máis importante: interdición do abuso na relación da contratación temporal sucesiva: só se admite o emprego temporal para substitucións xustificadas (baixas, excedencias…)  e non para cobertura de prazas estruturais. 

SITUACIÓN DE ABUSO NA TEMPORALIDADE POR PARTE DA ADMINISTRACIÓN

Sentencia Europea 14/2016:  prohibición de destinar a un empregado temporal a realizar funcións propias do persoal laboral fixo.Non é asumible que o empregado temporal sexa destinado a atender necesidades que non son provisionais, urxentes, excepcionais, extraordinarias, transitorias, senón duradeiras, estables e permanentes do servizo: España non está loitando contra o abuso. A Europa si lle interesa para evitar diverxencias nas condicións laborais dos traballadores comunitarios.

TIPOS DE ABUSO/FRAUDE COMETIDOS POLA ADMINISTRACIÓN PARA TRABALLADORES REGULADOS POLO EBEP

O artigo 10.4 do Estatuto Básico do Empregado Público sinala que os postos cubertos por interinos que ocupan praza “teñen que incluírse na oferta de emprego que corresponde ao exercicio no que se produciu o seu nomeamento e, senón fose posible, na seguinte, salvo que se resolva a súa amortización” A incorporación no terceiro ano como máximo.

Se é superado o prazo de 24 meses prodúcese unha situación de abuso incompatible coa normativa da Unión Europea ou a partir de tres anos, se é un contrato por programas.

Non se sabe onde vai fixar o abuso a UE:

1) Nos prazos que dita a Lei (contratos reforzo, por programas, interinaxes + 24 meses por 30).

2) Na rotación de postos con iguais funcións (substitucións rotativas con alternancia de vacantes).

3) Nas substitucións. As substitucións son legais, pero depende do modo en que se leven a cabo esas contratacións.

4) Exceso de temporalidade (funcións de persoal fixo) non urxentes, excepcionais, transitorias…(xubilacións coñecidas, cobertura vacantes programadas…todo menos substitucións imprevistas)

5) Outros…

NON PODERÍAN SOLICITAR FIXEZA AS SUBSTITUCIÓNS EXCLUSIVAMENTE DE: excedencias, liberados, baixas, reducións de xornada,… Porén, esta norma é xeral, pero no caso da Consellería de Educación, a Xunta non cumpre a lexislación porque non figuran nos contratos temporais de substitución a causa/s da cobertura da praza como marca a lei e polo tanto o traballador sofre indefensión ante esta indeterminación do carácter do seu contrato.

Excepcións ao anterior:

***Cobertura dalgunhas excedencias que teñen límite no tempo (comisións de servizos, direccións, técnicos…) que deberían saír nos dous anos as súas prazas como vacantes e non o fixeron, co que si se superou prazo (24 meses) están en fraude de lei tamén, aínda que sexa unha substitución. A reserva do seu posto de traballo é por dous anos, despois ten que saír como vacante. Pódese reclamar a fixeza no posto polo interino que cobre a praza.

***Substitucións sucesivas con alternancia de vacantes con duración superior a 24 meses. Unido a máis factores (non convocadas oposicións en prazo, alta temporalidade, idénticas funcións que o persoal fixo…)

C662DF93-0BC9-4F65-B975-14D2394755DA

2º) A SANCIÓN DO ABUSO E A FRAUDE.

Determinado o abuso hai que buscar sanción e aplicar as súas normas polos Estados membros. A normativa comunitaria non impón sanción nin normas para solucionar e evitar futuros abusos.

Os Estados membros teñen a obriga de fixar a sanción ao empresario (Administración) causante do abuso.

A sanción ten que ser: efectiva, proporcionada e disuasoria para evitar que o empregador siga abusando de temporalidade.

Os Estados membros escollen o tipo de sanción a impoñer cumprindo con estes criterios.

Exemplos:

En Grecia: fixeza para todos os interinos temporais en fraude de lei.

En Italia: solucións

a) escollen sanción económica, adxudicando unha indemnización ao traballador de 20 días por ano traballado. Ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea parécelle insuficiente esta sanción ou indemnización porque non é disuasoria, xa que non supera a cantidade dunha indemnización laboral por despedimento. Pero, finalmente apróbaa porque se engaden outras medidas sancionadoras que a converten en disuasoria e que son:

1) Multa á autoridade administrativa (Conselleiro, Ministro, Alcalde…) con perda de retribucións e restitución ao Tesouro Público as costas e indemnización dadas ao traballador.

2) Prohibición de contratación en tres anos á Administración empregadora

3) Indemnización á traballadora.

b) Sentenza Mascolo: determina fixeza ( para os profesores) porque cando se reclamou non había sanción fixada pola Administración, tal como pedía Europa, para solucionar o abuso da temporalidade.

En España non se fixou aínda sanción para loitar contra o abuso, tal como pide a normativa europea. (ISTO É CLAVE PARA A DEMANDA E O RECURSO)

O 9 de marzo de 2018, as organizacións sindicais CCOO, UGT e CSIF, e o goberno asinaron o II Acordo para a Mellora da Función Pública impulsado por Montoro. Este acordo, en continuidade co asinado en marzo de 2017, co que se pretendeu reducir a temporalidade ao 8%, promovendo supostos procesos selectivos de estabilización e consolidación, a través do concurso-oposición para prazas vacantes en fraude de lei e de oposición libre para prazas vacantes dos últimos tres anos, todas nas mesmas condicións e de acceso libre e probas eliminatorias, eliminando o concurso en Educación, foi a única medida tomada.

A solución que ofrece España vai en contra da normativa europea, ademais de en contra da interna, ao non sancionar á Administración empregadora causante do abuso. Non está dentro das SANCIÓNS posibles á situación de abuso ou fraude de lei que Europa dita: TRANSFORMACIÓN EN FIXOS OU INDEMNIZACIÓN DISUASORIA.

É a administración, e non os traballadores públicos, a que incumpriu a normativa no momento no que, para cubrir prazas estables, estruturais, non convocou oposicións, saltándose o Estatuto Básico do Empregado Público (artigos 10 e 70), o Estatuto dos Traballadores, e as directrices europeas. Comete así 3 fraudes:

– a primeira, unha fraude na contratación, ao contratar a persoal temporal para realizar funcións propias do persoal fixo. Todos, salvo substitucións que obedezan a necesidades urxentes, puntuais ou transitorias…

– A segunda, ao non convocar oposicións no ano de contrato ou ao sumo en dous anos. Nonse trata dunha gran oferta de emprego público, de feito, non se crea nin un só posto novo, son prazas ocupadas por interinos e temporais de longa duración, aos que no se lles deu a oportunidade de revalidar a súa praza cando correspondía. Ao convocalas agora, atopámonos con unha media de idade de 40-50 anos no cadro de persoal de interinos temporais.

– A terceira, ao non incluír todas as prazas vacantes e/ou necesarias para cubrir as necesidades estruturais nas ofertas de emprego público.

Resultado de imaxes para fraude de lei europa

3º)  ACUDIR A EUROPA.

HAI 2 VÍAS PARA ACCEDER AO DEREITO EUROPEO:

1. Un xuíz dun Estado membro formula cuestións prexudiciais ao TXUE (Tribunal de Xustiza da Unión Europea)

No 2006 os Estados membros seguían a incumprir a Directiva Europea e non fixaron normas internas para sancionar o abuso de temporalidade. O TXUE no 2006 emitiu unha sentenza que serviu de patrón a pronunciamentos que chegaron máis tarde e que sinala que en ausencia de sanción ao empregador por abuso de temporalidade na lexislación nacional “o castigo debe determinar a fixeza do traballador” E di que é “indispensable” establecela. Si ou si.

Esta sentenza é moi importante no noso caso, xa que en España non se estableceu unha sanción ao abuso de temporalidade. O Goberno argumenta que a sanción é o proceso de estabilización asinado cos 3 sindicatos, pero isto non supón ningunha sanción para a Administración empregadora, senón para o traballador. Por isto, na opinión de Javier Arauz a sentenza non pode ser outra que a transformación en fixos, ao non haber sanción establecida a día de hoxe para o abuso da contratación temporal. Se a houbese non habería un millón de interinos, máis de 450.000 de longa duración. Se a UE ditamina que en España non se fixou sanción, a única sentenza posible é fixeza, conclúe o letrado.

Ante a pregunta de por que no se obrigou a España a establecer esas sancións como Europa pedía desde hai anos, a resposta é que ninguén denunciara situacións de abuso de temporalidade en España con anterioridade a 2014, ano no que comezan as demandas de diferentes colectivos, tamén individuais … Denéganse moitas, pero hai 2 xulgados de Madrid (8 e 14), que ven fundamento nas demandas e deciden formular cuestións prexudiciais ao TXUE (8 preguntas concretas para evitar respostas ambiguas). A raíz destas cuestións prexudiciais, suspéndense os procesos contenciosos, que reclaman a fixeza, á espera de que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea se pronuncie, en moitos xulgados de Madrid, Sevilla, Tenerife… A Audiencia Nacional tamén suspende en providencia procesos contenciosos na mesma liña.

E para entender a insistencia das OOSS “traidoras” no éxito do seu falso proceso de estabilización e a súa insistencia en frear as demandas de fixeza entre funcionarios interinos sometidos ao EBEP, contrapoñéndonos ao funcionarios interinos laborais sometidos ao ET, temos que sinalar que OS LABORAIS TEÑEN UN PLUS PARA OBTER A FIXEZA, PERO ISO NON QUERE DICIR QUE OS FUNCIONARIOS INTERINOS NON A POIDAN OBTER, obviando xa o feito da diferencia de trato por parte dos supostos representantes dos traballadores segundo a natureza do seu contrato coa Administración incumpridora.

Os laborais,na norma interna do Estado español xa teñen dada unha solución previa,  que é a figura do INF, Indefinido Non Fixo, figura que non está recoñecida para funcionarios interinos. Porén, esta solución á UE non lle vale porque non atalla o problema, senón que supón máis temporalidade, e non está recoñecida como sanción ao abuso de temporalidade.

No 2013 un xuíz de Granada xa dicía que esta figura non cumpría coa normativa europea e elevou cuestións prexudiciais a Europa. En decembro de 2014 Europa dita Auto no que di que non se recoñece a figura de INF, xa que é igualmente un traballador temporal, polo que isto non pode establecerse como sanción ao abuso da temporalidade. Un Auto dítase cando algo é clarísimo e unha Sentenza cando non é tan claro ou máis discutible.

Tras todo o exposto, conclúese, que se non hai sanción establecida, e non a hai a día de hoxe, a sanción ten que ser só a fixeza, tal como di Europa e acorde a unha norma interna que xa existe (EBEP): ao pasar de máis de 2 anos como temporal converterse en fixo: o artigo 10.4 do Estatuto Básico do Empregado Público sinala que os postos cubertos por interinos que ocupan prazas “teñen que incluírse na oferta de emprego que corresponde ao exercicio en que se produciu o seu nomeamento e, se non fose posible, na seguinte, salvo que se resolva a súa amortización” A incorporación no terceiro ano como máximo. Se se supera o prazo de 24 meses, prodúcese unha situación de abuso incompatible coa normativa da Unión Europea.

As LEIS SOBRE INDEMNIZACIÓNS cambiaron moito nestes últimos meses. Nelas chégase a recoñecer que en España non hai sancións fixadas para o abuso de temporalidade. Outra razón máis para crer que só pode ser a fixeza a sanción que se estableza.

Hai 3 pronunciamentos ou novidades moi importantes:

  1. 11/2018 TXUE: As indemnizacións que hai no noso país en caso de abuso son as do Estatuto dos Traballadores e para laborais (33 días por ano de servizo) pero non para funcionarios interinos. A sentenza di que non compren coa Directiva Europea, porque Europa pide indemnizacións disuasorias e estas do ET cóbranas os fixos e os temporais. Non hai indemnizacións específicas e exclusivas para os temporais en fraude de lei.
  2. 16/3/2019 TS Sala do Social: esta sentenza sobre persoal laboral, foi mal interpretada, pode que intencionadamente e difundida desa forma nos medios: estívose a falar de que nela dise que os interinos non teñen dereito a indemnización. En realidade, o que di a sentenza é que aplicando a Claúsula 4 do Acordo Marco (aplicando o dereito de non discriminación) non teñen dereito á indemnización. Seguindo o criterio do TXUE, no apartado 4 di que, no caso de abuso na temporalidade, en España non existen indemnizacións disuasorias e específicas para loitar contra o abuso da temporalidade, polo que a sanción non pode ser outra que a transformación en fixos. (É dicir, que se non hai sanción establecida a única solución é a fixeza). En España non hai indemnización (3/11 TXUE) posible para cumprir a Directiva Europea.
  3. 26/9/2018 TS: en España calquera indemnización que puidese establecerse non cumpriría a Directiva porque no é disuasoria. En España as indemnizacións son compensatorias (compensan gasto ou dano), non disuasorias (penalizadoras, para que deixe de abusar da temporalidade) E o ordenamento xurídico só fala das compensatorias.

2. A segunda vía para chegar a Europa sería a denuncia ao Estado membro ante a Comisión Europea e  que esta traslade o problema ao Parlamento Europeo no seu nome e dite unha Resolución.

Ante a avalancha de denuncias que lle chegaronn á Comisión, ditou unha resolución moi importante: Resolución do 31 de maio de 2018 /2600 do Parlamento Europeo: nela póñense de relevo que o paso dun contrato de duración determinada a un contrato indefinido supón unha medida para previr e sancionar coa maior efectividade o abuso dos contratos de duración determinada, no sector público e no privado, e ten que ser clara e incluída sistematicamente por todos os Estados membros da UE nas súas respectivas normativas laborais.

O Parlamento explica ademais que esta transformación en fixo do empregado público contempla tamén a posibilidade de que o traballador afectado “obteña a reparación dos prexuízos sufridos no pasado”. Así, algúns letrados, xunto coa reclamación de fixeza piden indemnización de 18.000 € por danos morais en concepto de angustia por precariedade de emprego. Este importe é o habitual para indemnizacións por danos morais de difícil demostración, xa que non se aportan probas (informes médicos psiquiátricos…) É máis, se un Estado membro opta por penalizar o abuso da temporalidade cunha indemnización ao afectado por este abuso, esta indemnización será axeitada, disuasoria e eficaz para compensar os danos sufridos”

En resumo, a Resolución indica que no caso de abuso, a única solución é a transformación de temporal en fixo. Ademais recomenda aos Estados membros que modifiquen a normativa interna e fixan como sanción a conversión do temporal en fixo e non a indemnización. Por tanto, un traballador temporal non pode ser cesado despois de que se probase o abuso da situación temporal sucesiva xa que sería prevaricación.

Todo isto parece apuntar exclusivamente á fixeza como modo de solución.

Resultado de imaxes para denuncia europea

4º) RECLAMACIÓN PREVIA E DEMANDA

POR QUE NON ESPERAR Á SENTENZA EUROPEA PARA PÓR A RECLAMACIÓN PREVIA?

1) Para a transformación da relación temporal abusiva nunha relación fixa, a relación debe estar viva. Se hai cese definitivo sen novo nomeamento esperable que non rompa o vínculo, debe demandarase pedindo indemnización, non fixeza.

Débese solicitar que o proceso ou as prazas discutidas non saian a OPE ou no CXT na nosa demanda. Se esas prazas non fosen retiradas unha vez que a sentenza saíra, se é fixeza, habería que incorporalos aos seus postos, xa que no momento no que se cursa a reclamación previa, conxela a situación laboral (recoñécese que somos fixos nos nosos postos desde a data na que se presenta a reclamación previa)

2) O goberno de España pode fixar sanción en calquera momento (unha disposición adicional en calquera lei pedindo indemnización), antes ou despois da sentenza, sen ter logo posibilidade de pedir a transformación en fixeza.

O despacho que formulou a prexudicial cre que isto pasará despois da sentenza por varios motivos: polos tempos xa que a sentenza está prevista para outubro co adiamento das conclusións da avogada da UE; polo balbordo das eleccións; porque a día de hoxe non hai cartos para fixar unha sanción con indemnizacións disuasorias para todos os interinos en fraude de lei.

Pero, unha vez que sentencie Europa, si é fixeza, sacarán rapidamente unha lei, xa que é o único mecanismo que terían para evitalo, unha lei española que ditaminaría indemnización económica. Isto suporía non poder acollerse á sentenza Europea aínda que a lei interna fose en contra da normativa europea. Habería que litigar durante anos contra a lei de marras, para conseguilo. E o que quere o Estado é dilatalo para que moitos se esgoten no camiño ou os nosos petos e só uns poucos aguanten ata o final do proceso e logren recoñecemento de fixeza.

Por que o Gobierno non sacou xa o Decreto-Lei?

Na actualidade hai máis de 450.000 temporais de longa duración e un total dun millón de interinos. Co proceso iniciado de “estabilización”, que non é tal porque é de acceso libre, o obxectivo é reducir a temporalidade ao 8%. Co 8% si se poden permitir fixar e pagar indemnizacións disuasorias. Este proceso sigue en marcha e queda unha última convocatoria que pode ser masiva para chegar ao obxectivo. E axilizarase máis en canto Europa dite sentenza se é favorable e fala de transformación en fixeza como sanción, xa que España non estableceu ningunha sanción tal como requiría a Unión Europea.

Se se inicia o proceso de demanda antes de que saia o Decreto Lei, e despois de que Europa se pronuncie, (previamente farase a reclamación previa), polo principio de retroactividade de norma desfavorable (art. 93 da Constitución española) non poderán aplicala aos que demandaran fixeza.

POR QUE NON ESPERAR AO RESULTADO DA DEMANDA E SUMARNOS DESPOIS?

Demostrar que se cometeu abuso por incompatibilidade coa Directiva Europea é unha situación persoal e diferente para cada demandante. Determínase a sanción en función de cada caso persoal. A reclamación previa pode ser colectiva, aínda que logo aparece cada caso individualizado explicado.

Non se espera á senteza europea pola urxencia dos prazos (traslados, oposicións, posibles Decretos ou Leis que eviten fixeza…) Se cesamos antes ou sae unha lei interna fixando indemnizacións, non poderemos solicitar fixeza ou en todo caso, sería máis custoso e longo. Hai un risco maior.

PASOS PARA UNHA DEMANDA

1) Contactar co avogado ou asesoría xurídica que cada quen considere apropiado, sen esquecer que os prezos varían ata un 2000% entre as asesorías sindicais implicadas, no ensino en Galiza só USDG-CUT, e os despachos privados.

2) Presentación de Reclamación Previa. A situación que se reclama conxela a situación no momento da Reclamación Previa(contrato ao 100%, 50%, turno de tarde, centro de traballo…) Dise que somos fixos nese posto no momento de poñer reclamación. Esta reclamación é obrigatoria antes de acudir ao Contencioso-Administrativo, para funcionarios interinos e non se pode solicitar ir directamente a demanda sen este trámite, algo que nos axuda a gañar tempo ata que Europa se pronuncie.

A Consellería debería a continuación excluír a praza no seguinte proceso de CXT e OPE, en vez de paralizar todo o proceso a causa da reclamación. Paralizar unha OPE é case imposible polo interese xeral. Se non o fixeran e a sentenza fose fixeza, esa praza correspondería ao demandante. En Madrid paralizáronse xa no Concello e na Comunidade sacáronse das listas as prazas discutidas nalgúns casos. Cada xulgado é un mundo.

É máis fácil que se exclúan as prazas da oposición ou traslados se non foron publicadas as listas dos procesos? Como afecta todo isto ás persoas ás que as súas prazas sairán a traslado, á hora de realizar o proceso de reclamación e demanda (prazos, dificultades…)?

As persoas con prazas suxeitas a traslados aínda teñen que darse máis présa para non ser cesados sen haber posto a Reclamación Previa. E, unha vez posta, se a administración as saca igual no CXT e a sentenza é fixeza, serán reincorporadas a eses postos como fixos recoñecidos desde a data da Reclamación Previa. O dereito á praza nace cando se solicita. O primeiro en reclamala en dereito ten máis dereito. Se a reclamación foi previa á oposición ou CXT, o dereito do demandante xurde primeiro. Cesaríase nun futuro ao traballador que ocupa o posto ou trasladaríase. É un problema que xeraría a Administración, estando advertida, solicitada e ameazada polos reclamantes desas prazas, por non retirar esa praza, e terá que solucionalo coa incorporación da reclamante/demandante, indemnizacións por danos, …

3) Agosto é inhábil xudicialmente polo que non computa para prazos.

4) 3 meses de silencio administrativo. É o prazo mínimo a esperar para interpoñer a demanda.

5) O xuízo de Araúz en Luxemburgo coa cuestións prexudiciais resolverase ao longo de setembro-outubro. Falta o informe da avogada xeral, adiado tras nota o día 5 de setembro, e a sentenza.  Este letrado cre na fixeza coma única solución a ditar.

6) Demanda xudicial. Xuízo con sentenza europea ditada porque sen ela os tribunais de xustiza españois poderían contestarnos desfavorablemente.

En que casos no se interpón demanda, trala Reclamación Previa, e por que?

Se a resposta de Europa é favorable (transformación en fixeza), xa non será necesaria; se a sentenza é a indemnización disuasoria pódese presentar Recurso pedindo indemnizacións maiores das que fixe o goberno unha vez cesados.

Non pode sentenciar outras solucións pola propia normativa europea actual (fixeza ou indemnización disuasoria. E no caso de non establecer sanción (España) só fixeza).

Resultado de imaxes para cese trabajador

5º) CASOS CONCRETOS

CASOS DE CESE E SEN EXPECTATIVA DE RENOVACIÓN DE VÍNCULO

Faríase un Recurso de cese no que se pode pedir:

1) Nulidade do cese. Se se puxo Reclamación Previa ao cese, á OPE e ao CXT, a situación queda “conxelada” e por tanto “viva”. Se a sentenza da UE di que a sanción é a transformación en fixos e césannos sería prevaricación. Se o cese, se produce sen Reclamación Previa non é nulo.

2) Transformación en fixo (moi difícil porque a relación non está viva. Non hai relación que transformar. E máis complicado, aínda que non imposible e dependerá do risco a asumir polo demandante.

3) Indemnización disuasoria e/ou sanción económica (segundo normativa europea nov/2018): abonar o soldo desde inicio do cese ata a reincorporación ao traballo; por danos e prexuízos; por perda de oportunidades (idade); por danos morais

PERSOAL PRÓXIMO Á XUBILACIÓN

As persoas que estean próximas a xubilación (+60-62 anos) interésalles máis demandar solicitando indemnización que fixeza. Faise cando os cesen e non agora.

INDEFINIDOS NON FIXOS POR SENTENZA OU EN VÍAS DE SELO

É un erro coa lexislación actual solicitar esta figura, xa que non supón fixeza e estas prazas están incluídas nos procesos selectivos. Con esta figura césase igualmente. O que se gaña é dereito a unha indemnización (20 días por ano traballado, compensatoria) moi inferior ao que di Europa (disuasoria).

Esta figura xorde cando a Directiva Europea non estaba en vigor. Pero, unha vez que entra en vigor, Europa non a recoñece. Para o TXUE os indefinidos non fixos son igualmente persoal interino temporal, que non cumpre coa súa normativa (aporta máis temporalidade).

O obxectivo da Directiva comunitaria é evitar a temporalidade no emprego e para iso sanciónase á Administración que abusa. Por tanto, a Administración non pode solucionar a temporalidade con máis temporalidade e máis abuso, xa que INF segue sendo temporal.  A súa condición non aporta estabilidade ou fixeza.

Son incompatibles ambos procesos (indemnización laboral por cese, non disuasoria, e fixeza) Recomendamos demandar por fixeza e, no caso de non conseguilo, entón pedir indemnizacións, pero tal e como a normativa europea dita, disuasoria. Moi diferente a 20 días por ano traballado.

Como actuar os que xa solicitaron INF:

1) Para a xente que estea en trámites, solicitando esta figura recomendamos desestimala por silencio ou retirala, se non se produciu o xuízo.

2) Os que xa son indefinidos non fixos por sentenza, xa sexa porque gañaron no Tribunal de Primeira Instancia, Superior ou Supremo, aínda que estea recorrido pola Administración, non teñen que facer nada. Simplemente serían indefinidos non fixos no momento de interpoñer a Reclamación Previa.

3) Os que teñen data de xuízo moi próxima, é mellor que esperen a que pase. Se a Administración dixese que se está a concorrer en litispendencia (pedir 2 cousas contraditorias simultaneamente) habería que desistir dunha delas (pedir fixeza ou pedir indefinido non fixo). Desístese sen renunciar aos dereitos. No caso de ser favorable a sentenza do xuízo INF non terían que facer nada máis que presentar a Reclamación Previa. E, se se perdese aconsella non recorrer o INF e centrarse na fixeza.

A condición de indefinido non fixo pódese solicitar en calquera momento, tamén despois do cese polo que sempre é mellor desistir, se non se gañou, e optar a fixeza ou indemnizacións disuasorias neste momento.

SITUACIÓN ANTE O CONCURSO- OPOSICIÓN

Realmente é oposición–concurso, xa que primeiro é a oposición e hai que aprobala e, despois faise o baremo de méritos (antigüidade e formación).

O feito de que os grandes sindicatos invoquen sempre á Constitución (libre concorrencia, igualdade, méritos e capacidades…) para dicir que só se pode acceder por oposición ou concurso oposición, primeiro é mentira, xa que tamén se establece a forma de concurso (de méritos exclusivamente), que é o que tiñan que ter asinado. E, segundo, e máis importante é que: a normativa comunitaria é superior á interna e, por tanto, “dá igual” o que a Constitución, ou o EBEP diga. Se en Europa a normativa di que hai que dar fixeza ou indemnizacións disuasorias a todos os que estamos en fraude de lei ou abuso (que xa deberían poñer todos os Estados membros), e ante a ausencia de sanción (caso España) só queda a fixeza, tanto ten o que apareza na Constitución. Non hai que poñerse a discutir sobre como a interpretamos cada un. Hai que falar de normativa comunitaria que é a que realmente está por riba.

Ante a pregunta de se hai algunha contradición ou problema ao exame tendo presentada a Reclamación Previa e/ou demanda a resposta é que non. Garantías de gañar fixeza  ao 100% ninguén pode telas, así que é mellor intentar asegurar a praza por ambas vías. Non hai ningunha imposibilidade legal que o impida e ademais non facelo levaría a exclusión das listas de interinos. O obxectivo é obter fixeza, polo medio que sexa. Se hai sentenza de fixeza en Educación será antes da próxima OPE ou CXT e nese caso teremos segura xa a praza.

OS SINDICATOS ASINANTES DO ACORDAZO

UGT , CCOO e CSIF, asinantes do Acordazo, e CIG, STEG e ANPE xa falan de demandas de fixeza para o seus afiliados fóra do Ensino, tras ter negado o problema existente ante representantes do profesorado temporal reunido con eles. CSIF en Galicia ademais non asinou o acordo de estabilización autonómico e litixa en ámbitos do laboral contra a Xunta de Galicia.  

UGT en Andalucía sacou agora campaña co tema da fixeza, porén os seus afiliados pídenlle que se opoñan ao Acordazo, xa que eles son os interlocutores e cómplices co goberno e que usen esa canle para defender o que agora lles parece xusto (fixeza), e que non sexa usado como arma para gañar votos nas próximas eleccións. Que vaian en contra da falsa estabilización a través dun concurso-oposición e pidan que sexa por concurso de méritos, garantindo igualmente a fixeza e sen necesidade de demandar ou pleitear para os afectados.

Os sindicatos asinantes do Acordazo están a perder votos e afiliados que castigan o seu comportamento nestes anos a favor de sindicatos de nova creación que loitan polos temporais en pé de igualdade cos demais compañeiros.