DIRECTIVA EUROPEA 1999/70/CE: ACORDO MARCO SOBRE O TRABALLO DE DURACIÓN DETERMINADA

CLICA AQUÍ PARA VER A DIRECTIVA COMPLETA

CLICA AQUÍ PARA VER A DIRECTIVA COMENTADA POR ARTIGOS

Resultado de imaxes para derecho union europea

USDG-CUT informa: 
ante as dúbidas que xenera a aplicación da normativa europea, «prevalía», (termo mal empregado, o correcto é PRIMACÍA) no relativo á cuestión das demandas de fixeza:

o principio de PRIMACÍA do dereito da UE vén consagrado nunha sentenza do TXUE moi famosa que se chama Costa contra Enel e que é do 1964. Por outra banda está o principio de efecto directo, sentenza Van Gend en Loos, de 1963.

En virtude do principio de PRIMACÍA, o Dereito da UE intégrase no Dereito dos Estados Membros (no noso caso isto é admitido constitucionalmente, art. 96 CE, e mediante a firma do Tratado de Adhesión á UE do 1986).
As regras para ver como operan eses dous Dereitos sobre os cidadáns veñen definidas nestes principios. No caso de colisión de normas, a nacional deixará de aplicarse en favor da comunitaria. Os Estados xa non poderán lexislar de forma directamente contraria ao que estableza o Dereito da UE.

O principio de efecto directo permite invocar nun xuízo normas de dereito comunitario.

No dereito da UE hai varios tipos de normas, coma se fosen varios tipos de “leis”), en resumidas contas son: a Directiva e o Regulamento (que non ten nada que ver co regulamento español).
A Directiva é a máis empregada, é vinculante, obriga aos Estados non aos ciudadáns, require que o Estado dite unha norma súa que “traspoña” a Directiva e así queda incluída como Dereito Nacional. España non adoita ser dilixente á hora de traspoñer. Por iso, creouse o principio de efecto directo das Directivas.

A Directiva, e aquí vén o importante, fixa obxectivos a acadar na UE, pero non establece de forma determinada e detallada como acadar ese obxectivo. Desta maneira, os países da UE teñen que acadar o mesmo obxectivo (por exemplo, evitar o abuso na temporalidade), pero cada Estado pode facelo como considere -logo a UE encárgase de comprobar que efectivamente, o medio ou mecanismo elixido sexa idóneo para acadar o resultado, e o acadase; de aí que cese máis indemnización ou oposicións masivas fosen rexeitadas como mecanismos para acadar o obxectivo da Directiva.


O Regulamento diferénciase en que establece o obxectivo e como se ten que acadar. Como deixa pouca marxe de maniobra aos Estados, recórrese pouco a el (a fin de contas, os Estados son a UE).
O decisivo, e aí o seu erro, é pensar que o Acordo Marco xa condena a España. En absoluto é así. Iso determinarano os xuíces españois caso por caso.

Tampouco é correcto pensar que por primacía do Dereito da UE, España non pode lexislar no sentido de redefinir a figura da fixeza ou, incluso, de que é un abuso na contratación.

España segue a ser un país soberano, e ten plenas  competencias lexislativas. No caso de demandar fixeza, serán os xuíces españois os que aplicarán a lexislación española cumprindo a Directiva.

TEXTO ORIXINAL DE SIE ( Sindicato de interinos de Educación)

Advertisements