A CONSELLERÍA IGNORA O CATÁLOGO DE PRAZAS-RPT EN PRIMARIA NAS ADXUDICACIÓNS DO CADP

Resultado de imaxes para en el alambre

A USDG vén de presentar hoxe por rexistro reclamación formal refrendando a un grupo de compañeiras Mestras da Especialidade Lingua Estranxeira Francés, que denunciaron hoxe ante a Consellería a ilegalidade na adxudicación de prazas de Primaria no CADP.

Este proceder da Dirección Xeral de Recursos Humanos, non é exclusiva desta especialidade, aprezándose un absoluto caos e arbitrariedade na adxudicación a persoas por especialidades moi distintas das propias ou mesmo Funcionarios en prácticas que as van desempeñar nunha especialidade diferente á que aprobaron.

No caso das compañeiras de Francés, é salientable o feito de que vén mermadas de forma grave as súas prazas de traballo ao converterse en prazas de Primaria moitas das que figuran como da súa especialidade na Relación de Postos de Traballo e provisión de vacantes de Primaria desta Consellería.

Así a USDG-CUT rexistrou hoxe esta reclamación:

A Unión Sindical de Docentes de Galicia, USDG,

tras recibir diversas queixas do colectivo de mestres interinos da especialidade de Francés-597033, tras observar que nos últimos anos, tanto no Concurso Xeral de Traslados CXT, coma no Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais (CADP), diversas prazas da súa especialidade están a ser transformadas en prazas de Primaria, reducindo de forma considerable as prazas existentes de Mestres coa especialidade de Francés, deixando ademais a estas persoas sen adxudicar tampouco en Primaria, e incumprindo flagrantemente o Catálogo de Primaria ou RTP e a provisión de vacantes.

EXPÓN,

As prazas que deben saír pola especialidade de Mestres de Francés figuran nos diferentes catálogos publicados e acordados entre as OOSS da Mesa e a Consellería de Educación.

No Real Decreto 1594/2011, de 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do Corpo de Mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de Educación Infantil e de Educación Primaria establécese:

  • No artigo 2 as especialidades docentes do corpo de mestres e unha delas é a de Lingua estranxeira: Francés en igualdade de condicións que as demais especialidades recoñecidas no RD.
  • No artigo 3 .3: o profesorado do Corpo de Mestres coas especialidades das diferentes Linguas Estranxeiras, Educación Física e Música, impartirá as áreas da súa especialidade e poderá impartir as áreas propias da especialidade de «Educación Primaria».
  • No artigo 4, adquisición de especialidades, no apartado 2 c): “por impartir as áreas propias da especialidade de Educación primaria durante tres anos, a partir da entrada en vigor deste Real Decreto, e en máis do 30 por cento do seu horario, nos supostos descritos nos apartados 3 e 5 do artigo 3, adquirirase a especialidade de Educación Primaria”.
  • Na disposición adicional primeira -Equivalencia entre Especialidades- no apartado 2 di: “o persoal funcionario do Corpo de Mestres das especialidades de «Primaria», «Idioma estranxeiro: Inglés» e «Idioma estranxeiro: Francés» queda adscrito ás especialidades de «Educación Primaria», «Lingua estranxeira: Inglés» e «Lingua estranxeira: Francés», respectivamente.
  • Que na disposición adicional terceira -Ensinanzas en Lingua Estranxeira en Educación Primaria- di: “as Administracións educativas regularán os requisitos de formación engadidos que se esixirán ao persoal funcionario do Corpo de Mestres para impartir nunha lingua estranxeira, unha área distinta á de dita lingua, en centros cuxos proxectos educativos comporten un réxime de ensino plurilingüe. Ditos requisitos, a partir do curso académico 2013/2014, acreditarán, ao menos, competencias dun nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, na lingua estranxeira correspondente.

Na Orde do 12 de Maio de 2011 pola que se regulan os centros plurilingües na nosa Comunidade Autónoma.

  • Sección 3ª Profesorado dos centros plurilingües. Requisitos que deberá reunir o profesorado. O profesorado que imparta áreas ou materias non lingüísticas en lingua estranxeira deberá:

1. Ser especialista da materia que vai impartir en lingua estranxeira, ou estar en posesión da habilitación correspondente .

2. Acreditar o nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) o Que se volvan a asignar as prazas propias da especialidade de idioma estranxeiro: francés (597033) como é de dereito e norma.

  • No artigo 5. Profesorado no punto 2 … por medio de profesorado integrante das listaxes de aspirantes a cubrir postos en réxime de interinidade, coa debida competencia lingüística na lingua estranxeira correspondente.

A tenor de toda a lexislación exposta, concluímos que:

A Consellería de Educación está a saltarse e incumprir o establecido no RTP de Mestres, obviando dito Catálogo á hora de facer as adxudicacións definitivas do CADP e xogando coa provisión de vacantes que tamén incumpre.

Os mestres interinos da especialidade de Lingua estranxeira Francés, aínda non sendo adxudicados pola súa especialidade no CADP, están sobradamente capacitados e son competentes para desempeñar o seu labor docente en Educación Primaria, porén nas adxudicacións do CADP non recollen esta realidade, cando levan moitos anos impartindo as áreas de Educación Primaria e é recoñecida a súa adquisición desta especialidade por lei ao ultrapasar o 30% do horario impartido en Educación Primaria durante 3 ou máis anos.

A lexislación da Consellería de Educación da Comunidade Autónoma de Galicia non establece que para os Centros Educativos Plurilingües só deban ir mestres de Primaria con Inglés, na Orde sinalada só menciona a acreditación na lingua correspondente, polo que podería ser Francés tamén. Ademais, nas listas de interinos de francés existen moitos compañeiros e compañeiras que acreditan, ademais dun nivel B2 en francés, un nivel B2 en lingua inglesa co que se lle poden adxudicar prazas de seccións bilingües en inglés e en colexios plurilingües para impartir docencia nelas. En definitiva, pode adxudicarse Francés con bilingüe en Inglés se a praza orixinaria na adxudicación e presente no catálogo é de Francés no canto de cambiala por Primaria e non deixar no limbo a estes traballadores.

Por todo o exposto, a USDG,

ESIXE,

que se manteñan as prazas da especialidade de Francés, tal e como figuran nos catálogos RPT e na provisión de vacante, e non se cambien por outras de Primaria sen xustificación, ilegal e unilateralmente.

Que a administración cumpra a normativa vixente, outorgando ao persoal da especialidade Mestres Lingua Estranxeira: Francés, prazas pola quenda de Primaria no caso de teren impartido máis dun 30% de horario en Primaria no tempo legalmente establecido para a adquisición desa especialidade.

Que se respecten as especialidades en Primaria, sen esquecer que non se pode xogar cos postos de traballo do persoal docente, sexan definitivos ou provisionais, con anos de servizo prestados na Administración Pública e cunha situación de inestabilidade laboral permanente, estando moitos deles contratados de forma abusiva e en Fraude de Lei.

Secretariado Nacional de USDG, a 8 de Agosto de 2019

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.