REFLEXIÓNS SOBRE O CADP DE PRIMARIA 2019-20

Os nacidos na década dos 60 e 70, incluso nos 80, crecemos escoitando a música dun grupo de éxito denominado Los Rápidos (primeiro), Los Burros (tempo despois ) , pasando a se chamar no seu momento máis exitoso El último de la fila, antes de disolverse finalmente.

Pois ben, esta nomenclatura musical ten moita relación co que esta agora a suceder co profesorado temporal da Administración, un paralelismo en negativo no que se nos detemos a pensar,sen entrar en números nin estatísticas, que diso xa se encargan outros, podemos plantexar como segue:
non podemos considerarnos Los Rápidos posto que levamos 10,15,20 ou máis anos traballando: vidas dedicadas ao ensino coa profesionalidade e o rigor propio a nosa profesión.
Los Burros tampouco, xa que moitos superamos xa os procesos unha ou varias veces en moitos casos, quedando atrapados na rede da temporalidade, debido ás pírricas OPEs daqueles anos…calificativo en todo caso atribuíble aos nosos empregadores si é que non estaban conformes coa nosa figura, salvo polo feito de sermos máis baratos e dóciles, ata que fomos conquistando dereitos e igualar condicións cos nosos compañeiros de carreira e agora xa estamos de máis.
Pero o que sempre fomos e onde temos discos de ouro….é en ser sempre os últimos da fila….sempre coa nosa música tensonada e sen saber cantos bolos teremos en campañas vindeiras, ou se os nosos discos se venderán ou non ao ano seguinte…ou incluso a expensas de que a nosa compañía nos quite do mercado porque xa non lle damos beneficio.
Pois señores…nós non somos os culpables de termos nacido naquelas décadas e peitear xa canas no presente, non somos culpables de ser cabezas de familia no económico e social, non somos culpables de ter fillos xa que hai un reloxo biolóxico facendo tic tac,non somos culpables de ter que comer a diario e pagar todos os nosos compromisos personais, non somos culpables de non crer nas OPEs nin nas academias….señores ,NON SOMOS CULPABLES.

Como quedamos tras o visto no CADP de mestres?…pois como estábamos hai 10 ou máis anos….cando unha substitución a 150 km de casa era motivo de festa e xolgorio. Xeneralizando en tramos de idade (e sabendo que hai erros e excepcións que confirman a regra e a tendencia) os de 20 ou 25 anos que non sacaron a súa praza terán case imposible meter a patiña por vez primeira no mundo laboral xa que por riba haberá moita xente ávida das substitucións que aparezan.

Os de 25 a 30…non terán opción de empezar coas interinidades, farán pequenas substitucións esporádicas que non lles permitirán trazar ningún tipo de plan vital ni ter proxectos de peso no persoal.

Os de 30 a 40…con 10 ou máis anos de servizo,volverán á casilla de saída substituíndo de maneira máis ou menos continua e cando lles sorría a sorte, algunha vacante nalgún punto da xeografía,porque xa nin as concilias concilian.

E, os máis maiores e con máis bagaxe , pois mellor non pensalo demasiado para non botarse a chorar…pelexar e defendernos con todas as nosas armas para defender o que temos e os compromisos persoais adquiridos froito só do noso momento vital e a nosa idade, sendo conscientes dunha máis que difícil reinserción laboral no caso de que isto rompa de todo.

Sabemos perfectamente que hai tantos prismas e enfoques como persoas…pero debedes ter claro que se non entras entre os afortunados que cruzan a porta das OPEs….a situación non é fácil e debemos unirnos e defendernos…. ampliarmos miras a futuro e irmos pola tan ansiada estabilidade que permita unha vida integral e estable.

Hai vías por explorar e temos que intentalo porque señores….. NON SOMOS CULPABLES!!!!

Carlos Sánchez. Mestre e Secretario da Sección Sindical da Coruña.

Advertisements