O ACCESO RESTRINXIDO EN EDUCACIÓN. O que a verdade esconde.

Neste texto pretendemos amosar un resumo no acontecido cos traballadores temporais de educación na historia do ensino público español, como tras anos traballados sempre se procedeu á consolidación do persoal nos seus postos e como hoxe en día a memoria parece olvidar os feitos, ademais de parecer abandonar unha conciencia da clase traballadora entre o profesorado desunido, inmerso na competitividade neoliberal imperante de “sal ti para poñerme eu”.

Resultado de imaxes para quitate tu pa ponerme yo

As grandes OOSS durmintes e que cohabitan neste neoliberalismo feroz, deixan facer placidamente á Administración, non molestan, non saen á rúa, só loitan por mellorar as condicións dos que xa accederon ao sistema como fixos, esquecéndose das reivindicacións laborais dos temporais galegos.

E aquí a historia dos accesos restrinxidos en España , cando eran ben vistos:

“Arredor de 100.000 docentes interinos accederon por “oposicións restrinxidas” entre os anos 1997 e 1985. 20.000 Mestres accederon a ser funcionarios por “acceso directo” sen realizar oposicións. Máis de 5.000 catedráticos de instituto foron por “concurso de méritos”.

Nos BOEs dos anos 1977 a 1985 escóndese a verdadeira realidade do acceso á docencia pública en España. Foron miles os docentes que accederon por “restrinxidas” ou mediante acceso directo. Nunca houbo a dificultade que existiu agora para o acceso, aumentada cunha competitividade disparatada e a entrada en escena das academias de preparación de oposicións, custosas e moi especializadas. Tras o nefasto RD 850/93, creado polo goberno González (PSOE),dispúxose un sistema de acceso que invalidou a experiencia como pauta real de selección. Xamais os interinos, desde 1994 o tiveron tan difícil para acceder á fixeza.
Despois de revisar as listas interminables que aparecen en BOEs daqueles anos (estes últimos desde 1981), resulta curioso observar como, entre os milleiros que accederon por oposicións restrinxidas, encóntranse altos representantes políticos de todos os partidos, altos xefes de Consellerías e Delegacións, Inspectores, catedráticos de todo tipo de materias, representantes de sindicatos que agora póñense en contra das reivindicaciones dos interinos.

Ou é que antes eran xustas para eles e inxustas para os interinos actuais? – Moitos deles lanzáronos á cara a inxustiza dos nosos propósitos: e os libres (moitos dos seus fillos) que?: somos uns caras que queremos fixeza sen competir cos demais nun mesmo grao de igualdade Que infamia! Que descaro! Que cinismo! –Esqueceulles e pasado, mellor non recordalo.

Pois haberá que recordarllo…!

ANTECEDENTES DO FUNCIONARIADO DOCENTE: UN SISTEMA OBSOLETO NO SÉCULO XXI

A funcionarización de todos os corpos administrativos, tamén docentes, foi imposta mediante varios decretos polo ditador Miguel Primo de Rivera entre 1923 e 1929 co fin de acabar co drama das cesantías que se producían cando o goberno de turno cambiaba durante o período anterior en plena Restauración Borbónica.

O sistema de oposicións seguiu activo para exercer a función pública durante a II República e tras a Guerra Civil, Franco dispuxo o mesmo modelo de funcionarios por oposición para traballar no sector público, cada vez máis forte co nacionalismo estatal imposto polo réxime.

Porén, ante la falta de capital para financiar o ámbito público, a administración franquista traballou con multitude de interinos. O acceso, por aquel entón á interinidade administrativa (e tamén docente) estaba rixida polo amiguismo, a consonancia ideolóxica coas ideas do Réxime, etc.

No caso da docencia, non existía a dura bolsa de acceso que existe hoxe. Eran os catedráticos de instituto quen propoñían como interinos a persoas da súa confianza, xeralmente antigos alumnos que concluíran posteriormente os seus estudos universitarios.

Á morte de Franco en 1975, existen milleiros de docentes interinos, os antigos PNNs, que desarrolan o seu traballo en precarias condicións, sendo masivos no ámbito universitario e na docencia non universitaria. O problema da interinidade na docencia rexurde á morte do ditador como consecuencia dunha mala xestión administrativa. A interinidade é, sen dúbida, un refugallo do franquismo.

Resultado de imaxes para interinos

Pode algún exame realizado nun momento puntual determinar a validez profesional vitalicia para o desempeño dun traballo? – Evidentemente non. A experiencia e a renovación contractual tras o bo cumprimento dunha función, si. Está claro que en España, neste e parecidos aspectos, estamos máis cerca de 1929 que do século XXI.

ARREDOR DE 50.000 DOCENTES INTERINOS ACCEDERON POR RESTRINXIDAS ENTRE 1977 E 1979

O RD 161/1977 de 21 de Xaneiro (BOE de 15 de febrero de 1977) regulou o acceso á función pública docente durante os anos da incipiente democracia, entre os anos 1977 a 1979. Eran anos nos que se necesitaban profesores para a docencia pública. A pretensión do goberno Suárez (UCD) de acadar a plena escolarización levou á contratación masiva de interinos, defecto que viña arrastrando desde os tempos da ditadura franquista.

Ante a forte presión social e sindical realizada polos docentes interinos (antigos PNNs) en 1977 realizando unha gran folga indefinida, multitude de peches e manifestacións, conseguiuse a realización dun acceso diferenciado.

Resultado de imaxes para folga indefinida profesores 1977

O mencionado RD 161/77 dispuxo a saída a oposición de preto de 80.000 prazas para toda España entre os anos 1977 a 1979, regularizándose un 25% para titulados non interinos, un 25% en caso de mobilidade do grupo B ao A, (coa condición de ser mestres licenciados funcionarios con 10 anos de servizo), e un 50% de oposicións restrinxidas para interinos. Todas as prazas que non se cubrisen da quenda de mobilidade B-A (que non se cobrían) pasaban a incorporarse ao turno restrinxido.

Durante estes anos non existiu case competencia nas oposicións.

Libres e interinos competían aparte, o número de prazas que se sacaban era case similar ao número de docentes que se presentaban e os exames eran de maior facilidade: elaboración dun tema por escrito entre 6 e exposición oral dun tema elixido polo aspirante.

Ademais os méritos computábanse desde a primeira proba, sendo de 1 punto por ano durante os 5 anos anteriores e 0,5 nos anos anteriores a eses cinco. Na práctica, interinos con nota dun 2,5 na fase de oposición acadaban a praza. Ademais, se se aprobaba sen praza, pasábase automaticamente a “funcionario” en expectativa de destino para acadar o funcionariado no momento no que fose creada a praza, sen ter que concorrer de novo ás oposicións.

En 1977 foron 3.000 interinos de bacharelato e 4.000 mestres de toda España os que entraron por restrinxidas.

En 1978 foron 11.000 interinos de bacharelato e 5.000 mestres, (entre estes 1.000 docentes aprobaron sen praza, pero reconocéuselles posteriormente a súa condición de funcionario ao crearse novas prazas).

En 1979 foron 7.000 os docentes interinos de bacharelato que accederon por restrinxidas, e 10.000 de Educación Xeral Básica (E.X.B.). Neste último ano houbo incluso dúas convocatorias ante a necesidade de docentes que demandaba o sistema educativo.

Do mesmo modo hai que sumar outros miles de interinos pertencentes ao corpo de Formación Profesional (arredor duns 5.000) e mestres de taller (uns 3.000). Redondeando, foron cerca de 50.000 docentes interinos os que accederon por restrinxidas entre 1977 e 1979.

Calculamos que foron uns 35.000 docentes non interinos os que accederon por libre, pero iso si, cunha competitividade escasa, ao non ter que competir con interinos e con exames relativamente fáciles en comparación cos que existen hoxe.

Ademais, con amplas posibilidades de entrar como interinos sen outro mérito que a posesión do título ante a demanda continua de profesorado no ensino público para dar cobertura á plena escolarización que por aquel entón era o obxectivo político. O paso seguinte, nese caso, era participar nas restrinxidas para acceder ao funcionariado.

CONTINUIDADE DAS OPOSICIÓNS RESTRINXIDAS ENTRE 1979-1985: 40.000 DOCENTES INTERINOS MÁIS ACCEDEN AO FUNCIONARIADO.

Acabado este sistema de tres anos (1977-79), a realidade deparou que o número de prazas convocadas seguía sendo insuficiente. O número de interinos que engrosaran a administración pública seguía a ser alto e a demanda de profesores era continua.

Por isto, o goberno Suárez (UCD) lexislou o Real Decreto Lei 6/1979, para perpetuar o sistema de acceso por restrinxidas, que seguiron realizándose, canto menos ata o ano 1985, xustificado aínda máis cos graves problemas de falta de persoal e necesidades de concursos de traslados para os novos funcionarios, orixinados polo comezo das transferencias educativas ás Comunidades Autónomas, en principio Euskadi e Catalunya, e a partir de 1982 a Andalucía. Deste modo, encontramos numerosas oposicións restrinxidas deses anos.

Sabemos que no 1980 convocáronse y cubríronse 1.000 prazas para mestres e 1.200 prazas para agregados de bacharelato en restrinxidas. Os exames seguían a ser de gran facilidade, sumándose a experiencia desde o primeiro momento. Para o caso dos mestres, existía unha primeira proba de Fundamentos Metodolóxicos pola que o opositor desenvolvía por escrito o tema que libremente quixese dun temario ao respecto. A segunda proba consistía nunha Aplicación Didáctica, por oral tras dúas horas de preparación, dun tema da área curricular pola que se presentaba o opositor, elixido entre 1 de 3 por sorteo. Tiñas que obter unha calificación mínima de 2,5 para que se sumasen os méritos desde a primeira proba.

No 1981 foron 1250 prazas restrinxidas para mestres e 2.000 para agregados.

A partir de 1982 saían varias convocatorias anuais, con grande reserva para interinos en restrinxidas, unhas para prazas en Andalucía, Cataluña e País Vasco (xa había competencias en Educación), e outra para o territorio administrado polo Ministerio de Educación, todavía amplo. En 1982, accederon por restrinxidas 2.500 mestres e 3.300 profesores de secundaria (2.200 para zona do Ministerio e outras comunidades históricas con competencia en educación).

Resultado de imaxes para profesores interinos

No 1983 houbo 650 prazas restrinxidas de Formación Profesional, e 2.076 prazas para agregados (676 prazas para Andalucía e 1500 para outros territorios).

No 1984 quíxose rematar dunha vez co grave problema da precariedade que tiñan os interinos docentes polo que se convocaron, casi coma lei de punto final, varias convocatorias masivas con reserva de restrinxidas para interinos en Andalucía, País Vasco, Cataluña e territorio do Ministerio. En total unhas 10.000 plazas de agregados e 7.500 plazas para mestres e outros milleiros de Formación Profesional e Mestres de Taller.
No total, arredor de 40.000 prazas cubríronse por interinos en restrinxidas entre 1979 e 1985. Sumadas ás 50.000 entre os anos 1977 e 1979, máis outras convocatorias que non chegamos a encontrar (en Euskadi e Catalunya, que xa posuían o seu Boletín Oficial onde se realizaban as convocatorias), podemos confirmar que arredor de 100.000 docentes interinos accederon por restrinxidas entre os anos 1977 a 1985)

A TRANSITORIA LOXSE E AS SENTENZAS DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL


A partir de 1985,o sistema falla pola inestabilidade que estaban a sofrer os cadros de persoal, comezando a darse os primeiros casos de docentes suprimidos ou desprazados por sobredotación dos centros, coincidindo cunha baixada alarmante da natalidade española. A plena escolarización estaba practicamente conseguida e xa non era tan necesario un gran número de docentes. Aumentara a competitividade de forma alarmante por causa dos numerosos titulados que saían das Universidades– quen ante a dificultade no acceso vían un trato desigual a reserva de prazas a interinos. Por todos estes motivos as oposicións paralizáronse. Aíndan así en 1985 foron as últimas restrinxidas.

O volume de oposicións convocadas entre 1985 e 1991 foi pírrico, recorréndose de novo á contratación masiva de interinos – unha lacra máis do sistema funcionarial-. Así volveu a elevarse o número de interinos. En 1990 implántase a LOXSE, que trouxo maior inestabilidade de persoal ao sofrirse severos cambios de materias, itinerarios educativos, etc.. Aproveitouse para introducir nesa lei unha disposición transitoria,- unhas restrinxidas encubertas durante 3 anos (anos 91 ao 93)- que provocou o acceso duns 15.000 interinos en toda España. Porén, tampoco se solucionou o problema.

A inestabilidade aludida da LOXSE e o propio sistema funcionarial que demanda interinos para cubrir excedencias, substitucións, baixas, etc., provocou que desde o ano 1994 as oposicións convocadas volveran ser pírricas, coincidindo ademais cunha saída masiva de titulados universitarios das masificadas universidades. Volvíase repetir o eterno problema, xa claramente cíclico, dos interinos. Actualmente hai 80.000 docentes interinos en toda España e máis de 2.000 interinos na Galiza nunha calexa sen saída, ante un acceso rexido polo RD. 850/93 (de implantación socialista) que non valora a experiencia, a alta competitividade existente (imposible comparar con 1979, cando saían igual prazas que profesores había), a idade dos interinos, as cargas familiares contraídas por estes, a maior carga de traballo esixida, con lóxica, na educación actual, etc.

Outro tema aparte son as sentenzas constitucionais contra as restrinxidas. As impugnacións que levaron a cabo opositores libres e sindicatos acabaron no Tribunal Constitucional, quen descartou, nunha primeira sentenza, as restrinxidas por consideralas inconstitucionais. Pero Que di a Constitución?: o acceso á función pública debe estar rexido polos criterios de igualdade, capacidade e mérito. Esa primeira sentenza sempre foi errónea, considerando a superación de exames de alto valor académico como o criterio de valoración dos tres conceptos xuntos. As sentenzas que a seguiron, só foron copias unhas de outras. Así traballan os xuíces, que acceden ao seu corpo precisamente por unhas das oposicións máis competitivas do Estado.

É maior capacidade para exercer a función pública docente o aprobar uns exames fronte á experiencia acumulada demostrada ano tras ano, soportando unha alta mobilidade, cobrando menos, etc.?

É mérito que existan probas eliminatorias nas que a experiencia non sirva practicamente para nada, e a experiencia só se compute tras aprobar esas probas eliminatoria conformando de facto unha oposición + concurso?

Logo non é discriminatorio e desigual que hoxe en día se barallen solucións excepcionais para outros corpos (recentemente na sanidade pública) e non se contemplen as mesmas solucións para os docentes interinos?

Teñen que pagar os traballadores en precario os fallos do sistema? eran xustas as restrinxidas de 1979 e agora son inxustas?

Hai que pregarse ante o posibilismo legal –claramente erróneo para moitos- e deixar de reivindicar a estabilidade xusta dos traballadores tras acumular anos de servizo?

Non se acada a estabilidade laboral en todos os ámbitos profesionais –excepto o público para non dar exemplo- tras acumularse tres anos de traballo? – Por moito que se lle quera dar a volta, os docentes interinos actuais temos toda a razón.

As oposicións restrinxidas non só existiron en Educación, senón en todos os ámbitos das administracións públicas (Universidade, Xudicatura, Correos, Concellos, etc.). Falamos de máis de 500.000 empregados públicos, que agora exercen funcións directivas e preferentes. Foi entón xusto o seu acceso e é inxusto que pidamos agora o mesmo?

A TRANSITORIA 2007-2011

Neste período, co cambio de goberno en Galicia, fíxose un proceso transitorio que serviu para afianzar nos seus postos e mesmo a pasar de mestre a profesor de secundaria a liberados sindicais, políticos e amigos do bando contrario ao anteriormente gobernante.

Resultado de imaxes para bipartito galicia

E como non, un proceso tamén impugnado pero que conseguiu liberar a bolsa de interinos, coa circusntancia excepcional da chegada da crise en 2008, a paralización dos procesos selectivos de ningún tipo ata 2014 e a creación novamente dunha inmensa bolsa de interinos que non tiveron probas libres desde 2006, para atoparse agora cun sistema eliminatorio e que non lles ten en conta a experiencia acumulada dende aqueles anos.

ACCESO DIRECTO: MILES DE PROFESORES FUNCIONARIOS SEN OPOSICIÓNS. CONCURSOS DE MÉRITOS PARA ACCEDER A CATEDRÁTICOS. O CASO DOS PVI

Outro feito chamativo foron os 20.000 docentes de primaria que entre 1977 e 1985 accederon por “acceso directo”, é dicir sen oposicións. Accedían directamente ao funcionariado tras ser propostos polas Universidades polas excelentes notas colleitadas. Este asunto foi o que provocou as primeiras impugnacións xudiciais ao sistema de acceso, pois os candidatos elixíanse repartíndose o cupo por provincias e universidades segundo o número de matriculados, polo que mestres de algunhas universidades non accedían a pesar de ter maior puntuación que os doutras. Ademais, foi notorio que algunhas universidades inchaban as notas dos seus alumnos, para acadar máis prestixio. A partir de 1985, rexeitouse este acceso, polo que aqueles que non consolidaron a praza foron asimilados como “interinos”. Este sistema de acceso só obedecía ás grandes necesidades educativas existentes ao comezo da Democracia.

Calculamos en torno a 5.000 catedráticos de instituto de toda España os que conseguiron o acceso ás súas cátedras a través de “concursos de méritos”. Foron os mesmos agregados os que impugnaron tal sistema, polo que a partir do ano 1983 as oposicións a cátedra endurecéronse moitísimo, existindo incluso a posibilidade de acceso sin experiencia algunha previa. Quizais o máis lóxico fose que se acadase a cátedra tras acumularse moitos anos de experiencia.

Outro caso significativo é o dos actuais PVI (Personal Vario Interino). Eran mestres que daban Educación Física. Tras a creación da carreira de INEF, e la obrigatoriedade de ter este título para impartir a materia, creouse un proceso de consolidación de emprego mediante “concurso de méritos”, polo que entraron a maioría deles. A partir de 1985, tras impugnarse de novo, os que inxustamente non foron feitos funcionarios como os demais, foron asimilados como interinos. Actualmente hai sentenzas favorables para volver a incorporalos, pero a Consellería recurriuna, descartando a oportunidade de acabar co seu problema de precariedade (persoal xa de avanzada idade). Lamentable.

PERSONAXES “ILUSTRES” POR “RESTRINXIDAS”

Aparecen moitos políticos de todo corte, sindicalistas, etc., algúns dos que se mostra agora abertamente en contra de que se lles dote de estabilidade definitiva aos interinos. Polo menos, ante o cinismo demostrado, que todos saibamos que aprobaron por “restrinxidas”. Nin que dicir ten que a maioría son “liberados do xiz”. Algúns deles aprobaron ante a facilidade das probas (sobre todo nas restrinxidas entre 1977 e 1979) e non volveron exercer a docencia, indo de cargo en cargo ou cunha liberación sindical case vitalicia. Nas oposicións de 1977 aparecen mesturados libres e aprobados por restrinxidas, pero os nomeamos igual porque había tantas prazas como profesores se presentaron.

Resultado de imaxes para feijoo sindicalista

CANDO FEIJOO INTERINO SE PECHOU EN SAN CAETANO

Fai click para ler a nova

CONCLUSIÓN
Este traballo só pretende realizar un estudo histórico, documental e pormenorizado, da figura do interino nos últimos anos. Concluímos que nunca os interinos actuais tiveron máis difícil o acceso ao funcionariado, comparado co tratamento histórico máis favorable que existiu anteriormente a 1985. A interinidade é un problema cíclico, derivado da obsoleta administración funcionarial que existe en España. Non queremos ferir sensibilidades.

Parécenos xusto o que se fixo no seu día para dotar da estabilidade necesaria a uns 100.000 docentes interinos de toda España. A estabilidade laboral dos traballadores por acumulación de experiencia no seu traballo é unha causa totalmente xusta, base para levar unha vida profesional e familiar con dignidade. Consideramos que as circunstancias de precariedade de entón son as mesmas que actualmente padecen 80.000 interinos docentes de toda España. Non cabe defender que entón foi xusto e agora non. Iso é cinismo. Exiximos solucións políticas que doten de estabilidade nos seus traballos aos 80.000 interinos docentes de toda España.

Este traballo foi elaborado na súa maior parte por SADI-Cádiz e adaptado por USDG-CUT