USDG-CUT celebra a readmisión dos opositores excluídos da OPE de Inglés

Tras as diversas xestións realizadas pola USDG-CUT e as reclamacións presentadas polas opositoras e o noso sindicato, o Tribunal 4 de Inglés con sede no IES Eduardo Pondal de Compostela, resolveu readmitindo aos compañeiros afectados.

Non podemos máis que celebrar esta decisión que evitará a exclusión das listas das 2 persoas afectadas. Faise xustiza ante un desafortunado incidente que puxo en xaque o seu futuro laboral.

Reafirmámonos na necesidade de confrontar cos poderes da administración as erradas e arbitrarias decisións que se producen nos procesos de selección, sendo USDG-CUT a única OS que formulou queixa a este respecto.

Salientar que tras a chamada da nosa Secretaria Xeral ao Director Xeral de Recursos Humanos, reclamación e conversas, deron o froito esperado. Porén, o Sr. Pinal, ao igual que a Sra. Pomar, seguen a evitar as conversas coa nosa organización solicitada ata en 2 ocasións para falar do proceso de estabilización actual.

Só a mobilización e a acción directa, libre de lazos coa administraciòn, levará a logros na defensa do profesorado galego.

Secretariado Nacional de USDG