USDG-CUT esixe a readmisión dos compañeiros de inglés excluídos da OPE

No día de hoxe USDG-CUT rexistrou a correspondente reclamación administrativa ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos, solicitando a readmisión ao proceso dos compañeiros excluídos tras quedar atrapados durante hora e media no tren MD no que se dirixía á lectura da proba teórica.

Consideramos dito feito un caso de forza maior, tendo os opositores programada a chegada a Compostela con hora e media de anticipación sobre a hora do seu chamamento no Tribunal número 4 de Inglés, con sede no IES Eduardo Pondal da cidade.

Consideramos inadmisible que o seu Presidente inadmita como xustificación dito feito e chamámolo a reconsiderar a súa posición e forma inmediata. O futuro dos nosos compañeiros non pode verse frustrado por causas alleas á súa vontade e non ser tido en consideración.

No mesmo tren viaxaban opositores doutras especialidades aos que si se lle permitiu o paso, máxime cando o retraso na chegada foi de tan só 10 minutos e por causa máis que xustificada.

USDG-CUT estará ao lado dos compañeiros ata a súa readmisión

PINCHA AQUÍ PARA LER O ESCRITO PRESENTADO

Secretariado Nacional de USDG-CUT

26 de Xuño de 2019

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.