Todos os anos repítese o mesmo

  • Tras sair a listaxe coa adxudicación definitiva de centro o día 11, milleiros de profesores, funcionarios en expectativa de destino, en prácticas e interinos, chegarán aos seus postos o día 17 de setembro e no mesmo día coñecerán o seu horario, o que terán que impartir e comezarán o curso.

Resultado: a preparación aceptable do inicio do curso é imposible, calidade de ensino mermado.

  • Centos de postos de traballo perdidos debido á imparable amortización de prazas e a supresión de unidades educativas curso tras curso. Este ano repítense de novo os centros sen as súas prazas  docentes cubertas.
  • Os docentes temporais de longa duración carecen unha vez máis do dereito á estabilidade como calquera outro traballador do Estado español que esté vinculado laboralmente un certo número de anos coa empresa que o ten contratado.

BASTA XA!

Advertisements